FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
  tr align="center" valign="middle">

ANIMACIÓN

SALAS 5 e 6. CASA DE BUGARÍN e CASA DE ANTONIO

ENCERRADOS

Dirección: X. M. Domato, Irene Formoso, Diego Gómez, M. A. Janeiro
Producción: MCCD Universidade da Coruña
Duración: 6 min.
Ano 2005
Sinopse: Vivimos encerrados nun mundo de cartón, temos caixas de cartón na cabeza e as paredes son de cartón. ¿Qué pasa cando un decide escachar o cartón?
O detalle : Para os que lles gustou “O show de Truman”.

   
LADRÓNS DE BONECAS (ESTREA)

Dirección e guión: Fernando Cortizo
Dirección artística: Xosé M. Olveira “Pico”
Narración: Daniel Froiz
Director de producción : Daniel Froiz
Producción: Matriuska
Duración: 12 min.
Ano: 2006
Sinopse: Un tipo que rouba bonecas para acada-lo elixir da felicidade é, como mínimo, un chiflado. Tedes razóns para empezar a sospeitar da vida do Dr. Hermes en Compostela. Curta feita seguindo un estricto proceso artesanal.
O detalle: Tódolos decorados son baseados en bares e lugares reais de Compostela.

 
O SEÑOR DOS MOSQUIS (O RETORNO DA LEI)

Dirección: David Rubín
Producido por: Dygra
Produción executiva: Tania Pinto Da Cunha
Guión: Beatriz Iso
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Sinopse: Vertedoiros, medio ambiente e concienciación sobre a reciclaxe e o gasto responsable de auga. Capítulo final da Saga dos Mosquis para Manos Unidas. Último premio Mestre Mateo de animación.
O detalle : Ideal para concienciados sociais e defensores do 0,7%.

   
LADRONS DE CADÁVERES VS KLU-KLUX-KLAN

Dirección: Xurxo García
Guión e ilustración: Manel Cráneo
Producción: Xurxo García e Manel Cráneo
Actores: Jesús Cabrero, Pemón Bouzas, Estrella Zapatero
Duración: 5 min.
Ano: 2006
Sinopse: En Blackville non pode un saír da casa. Por menos de nada, podes cruzarte no camiño con borrachos que profanan camposantos, ovnis e membros do klu-klus-klan. Para máis inri, é venres 13.
O detalle : Para amantes do cómic e do gótico.

   
OS DOUS LADOS DA VALLA (ESTREA)

Dirección: Diego Méndez
Producción: Alén Filmes
Duración: 9 min.
Ano 2006
Animacións personaxes : Andres Luca, Marcos Villasariz, Diego Méndez
Sinopse:
Unha curta contundente sobre o drama da inmigración na valla de Melilla. Personaxes modelados, estética de cámara oculta e declaracións reais. Nace un novo xénero a explorar: o documental de plastilina.
O detalle : Rodada con bonecos de plastilina, porque os protas non teñen papeis.

   
KM 53

Dirección e guión: Nacho Abia
Voces Narración: Víctor Fábregas e Xavi Abia
Guión: Xacobo Díaz, Manolito Portolés
Producción: Nacho Abia, Fernando Marcote
Duración: 5 min.
Ano: 2005
Sinopse: Na estrada que vai a ningures, o teu coche párase e empeza botar fume no medio do deserto. O pior é ter que aturar os comentarios de dous paxaros impertinentes.
O detalle: A voz dun paxaro parécese sospeitosamente a do pequeno dos Tonechos.

 
quí se introducirá el contenido de la página
  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN