FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 

AS SALAS
En Cans as salas de cine desbordan agroglamour. Alpendres e baixos cambian por un día os seus usos habituais para acoller pantallas, proxectores e demais. Este ano aumentamos o número de salas, con dúas fichaxes novas coas que chegamos ás sete salas. Seis delas acollen as curtas a concurso:
Cuberto de Chelo
Casa do Pato
Cuberto de Antonio
Baixo do Moncho
Casa de Bugarín
Casa do Carreira
Un sistema de rotación concienciudamente estudiado permite aos que teñan tiquet pasar por catro salas diferentes e non perderse ningunha curta a concurso.
A sétima sala é de novo o jalpón friki. Será de acceso libre e nela pasaranse dez das curtas máis extravagantes e irreverentes que pariu Galicia nos últimos tempos.

OS CHIMPIBUSES
Foron a revelación na primeira edición do festival. O segundo ano provocaron delirios de entusiasmo. Este ano conságranse protagonizando o cartel e o merchandising de Cans 2006: falamos dos chimpibuses, o transporte oficial do festival. Estes pequenos tractores vístense de gala para a ocasión e deixan de carrexar herba, abono ou millo para encargarse de mover a público e invitados dunha sala a outra.
Os chimpibuses son conducidos polos veciños de Cans. Cunha velocidade límite de 20 quilómetros por hora, a viaxe non ofrece confort pero si máxima diversión.
A flota segue en aumento, e este ano formarase unha boa cuadrilla para abrir a xornada de sábado cunha procesión na que se mesturan a música, os famosos, malabares e o ruído dos motores nun espectáculo digno do ritual máis fervoroso.

  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN