FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 

ONDE COMER

Bar do Festival. Ubicado no torreiro de Cans, no punto de encontro do festival. Aquí serán as proxeccións do venres noite e as actuacións do venres e do sábado.
Cervexa San Miguel fresquiña e empanadas deliciosas. Co servizo impecable da xente de Espacio Noite, a asociación de Bares nocturnos do Porriño

Bar Fortes. Un clásico do Festival de Cans. A típica tenda-bar de ultramarinos con cen anos de historia. É un dos epicentros do festival. As súas empanadas, tortillas e chourizos da casa foron catados xa por celebridades como Luis Tosar, Javier Krahe, Celso Bugallo ou José Sacristán, que non perdoou o rico chopiño de augardente de herbas.
Está sempre a tope os días do festival. Convén reservar. Xantar aquí o sábado ó mediodía é un bon plan, pero convén reservar. O día do Festival van servir Ostras!!

Bar Moncho. Outro dos bares clásicos de Cans. Está na entrada de Cans, según se ven do Porriño. O bar onde xoga a partida todo o mundo en Cans. Este ano ademáis, no soto-adega do bar será unha das sala de proxección.
O seu dono, Moncho Fortes, é un tipo peculiar. Emigrante retornado de Alemaña, bota parrafadas en alemán e toca a filarmónica. Se se anima, !ata podedes facer peticións!, porque a veces se arman grandes saraos.
O sábado ó mediodía despacha un pulpo delicioso.
Se ides xantar varios, convén reservarlle mesas.
Teléfono 986-333 000

Outras opcions: Bar Castro, Restaurante Guanabara, na estrada do Porriño a Cans.
Taberna de Herminia no Confurco, na estrada que ven de Ponteareas a O Porriño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí se introducirá el contenido de la página
  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN