ONDE DURMIR
Hai dous hoteis no Porriño, que fan un prezo especial para o festival:
36 Euros a habitación dobre con almorzo!!!
Tedes que chamar e avisar que vides ó festival, para que vos fagan ese prezo.
!MOITO OLLO! !FACEDE A RESERVA XA!
Hotel Internacional. Outro dos núcleos máis animados do festival. Habitualmente hospédase aquí o xurado e outros convidados do festival.
Queda na estrada de Cans. Pola autovia hai que coller a saída 305 PORRIÑO.
CONVÉN RESERVAR
Teléfono.- 986 330266 (Especial Festival: 36 Euros a dobre con almorzo)
Hotel Parque. O hotel máis céntrico, cun amplo parking. Ten unha terraza marabillosa con árbores centenarias, en pleno parque do Cristo.
Unha parte dos convidados do festival tamén se hospedarán aquí este ano.
Aínda por enriba, á súa beira están tres obras do arquitecto Antonio Palacios: o Concello, a Botica Palacios, a Fonte do Cristo, además da casa natal do arquitecto nacido no Porriño. Ideal para o que lle interesen as rotas culturais.
CONVÉN RESERVAR.
Teléfono.-986- 331604 (Especial Festival: 36 Euros a dobre con almorzo)
Outros lugares: Motel Acapulco, na estrada de Cans, ou Hotel Azul, tamén no centro do Porriño. Estes hoteis non teñen convenios co festival; teredes que preguntar polas súas tarifas habituais.
|