ENTRADAS
Ás entradas para o Festival dan acceso a todas as curtas a concurso (doce de ficción e seis de animación) visitando catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai 480 tickets. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.
As entradas póñense á venda ao prezo de 5 € a partir da tarde do venres 19 de maio. Lugares de venda: Bar Liceum (O Porriño) e Bar Fortes (Cans). Só se poderán mercar 3 como máximo por persoa. Non se admitirá reserva.
Para presenciar o xoves á preestrea de “Por mí y por todos mis compañeros”, a primeira longametraxe do realizador porriñés Judas Diz, para acudir a noite do venres 20 ao torreiro de Cans e ver o documental sobre a pasada edición e a actuación de Andy Chango e de Os Tristes Tigres, para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado e ver as dez curtas que alí se proxectan, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas aos Festicultores e gozas cos malabares de Pista Catro, para acompañarnos ata a última hora do sábado, presenciar a entrega de premios e cerrar o festival co concerto de Josele Santiago… para todo isto non fai falta sacar ticket. Entrada libre e gratuíta.
MERCHANDISING
Camisetas

As camisetas do festival véndense a 8 euros a peza. Témolas en modelos de home, muller e nen@, dende a de 4-5 anos ata a XXL. Enche o peito coa forza dun chimpín, leva o festival onde ti vaias, presume de que estiveches aquí e regálalla aos que non puideron vir.
Chapas
Para que a craves xunto ao corazón... ou na chaqueta, o abrigo, o bolso… Leva contigo o festival encerrado nunha chapa. Por 1 euro a chapa pequena, 1,50 a mediana e 2 euros a grandona. Ti escolles: leva un can, un chimpibús, o jalpón friki, leva o que queiras!
|