FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 

FICCIÓN

SALA 1. CUBERTO DE CHELO

BOA VIAXE (ESTREA)

Dirección e guión: Carlos Alonso Veloso
Actores: Pablo Puga, Andrés Villaverde, María Xosé López Burgos
Edición, montaxe e BSO: Paco Serén
Duración: 12 min.
Ano 2005
Sinopse: Imaxina que chegas de viaxe á túa casa, disposto a descansar, e atopas colgado no salón da túa casa a un tipo que non coñeces de nada. A xente cada vez é máis orixinal suicidándose.
O detalle : A montaxe é de Paco Serén, ex compoñente de Los Piratas e veterano realizador de video-clips.

   
NAIS

Guión, dirección e montaxe: Mario Iglesias
Producido por: Matriuska
Produción executiva: Daniel Froiz, Isaac Carrera
Actores: Isabel Rey, Pilar Pereira, Sebas Anxo, Paula Cortizo
Duración: 22 min.
Ano: 2005
Sinopse: Unha nai encárgalle a outra nai e artista un retrato do seu fillo. Só que hai un problema: o seu fillo xa morreu e non ten nin un retrato del. Unha das curtas galegas máis premiadas no último ano.
O detalle : A protagonista ten un embarazo real e o seu parto grávase na curta.

   

REDONDEO

Dirección: Pablo Iglesias
Guión: Carlos Castrillón
Produción: Ciudadano Frame
Produción executiva: Carlos Taboada
Actores: Óscar Jaenada, Marcos PTT, Blanca Cendán, Santi Prego
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Sinopse: A proba evidente de que calquera chalado pode falar de macroeconomía. Só é preciso un bar cunha boa terraza e botarlle un pouco de papo á vida.
O detalle : O Goya Jaenada, un enrollao que tamén fai curtas en Galicia.
   

AS CORES DO FRIO

Dirección e guión: Anxo Cendal
Xefa de Produción: Isaura Docampo
Producción: EGACI
Actores: Álex Neira, Ánxela Alonso, Aurora Maestre, Antón Olmos e Lois Soaxe.
Duración: 14 min.
Ano: 2006
Sinopse: Berros continuos, golpes secos, contras pechada e moita tensión. Un ambiente opresivo demais para un neno de ollos grandes que acariña a pel suave dun gato.
O detalle : Recoñecerás a Álex Neira, neno da serie “Libro de Familia”

   

 

SALA 2 e 3. CASA DO PATO e CUBERTO DE ANTONIO

SERVIZO A DOMICILIO

Dirección: Jorge Saavedra e Xulio López Noche
Guión: Elixio Montero
Productor: Producións de Fin de Semana
Actores: Xavier Deive, Ricardo de Barreiro, Arturo Santos Zas
Duración: 22 min.
Ano: 2005
Sinopse: Un tipo que busca choio, fai o seu primeiro servizo a domicilio como mozo de compañía. As reglas son: nada de sexo e seguir a corrente. E a partir de aí, resistir. O mercado laboral está para botarse a tremer.
O detalle : Din que a curta lles custou 600 Euros.

   

O CASTIGO

Dirección e guión: Isabel Ayguavives
Producción: El Médano Producciones
Actores: Jesús Extremo, Iván Martín, Pedro Casablanc, Encarna Breis
Duración: 16 min.
Ano: 2004.
Sinopse: Non che gusta o fígado encebolado e eres ese neno que se ergue da mesa antes de rematar de xantar. Consecuencia: media vida castigado no salón. En realidade, a vida é un prato de fígado que nunca se acaba.
O detalle: A voz en off de Tristán Ulloa.

   
EL NUNCA O FARÍA

Dirección e guión: Javier Cea
Producción: Faro e Ardora Filmes
Duración: 14 min.
Ano 2006
Actores: Víctor Mosqueira, Mar Sande, Isabel Risco
Sinopse:
Se es muller e atopas na rúa un home desamparado, ten coidado. Os homes poden acabar sendo máis pesados que os cans, aínda que vaian vestidos de traxe. Hoxendía, ter un home é un marrón.

   

MORTE NA BAÑEIRA

Dirección: Xosel Díez
Producción: Moucho Producións
Axte. Dirección: Miguel Rumbao
Duración: 4 min.
Ano 2005
Actores: Helena Varela, Fernando Tato
Sinopse: Unha narración breve e contundente cos malos tratos de fondo. Catro minutos de gran intensidade.
O detalle: Quédate cos créditos, pagan moito a pena.

   

 

SALA 4. BAIXO DO MONCHO

QUÉROTE MAL

Dirección e guión: Mireia Giró
Producido por: Ficción Producións
Producción: Mamen Quintas, Xulio Casal, Tono Mugiko
Actores: Isabel Naveira, Monti Castiñeiras
Duración: 16 min.
Ano: 2005

Sinopse:Podes ser cega, dirixir un coro e levar unha vida relativamente normal. O caso é cando coñeces a alguén e acaba desordenando o teu mundo. Gañadora do concurso de guións de Curtocircuito, a curta galega máis premiada no último ano, incluido o Premio Mestre Mateo´05.
O detalle :O vestiario da curta deseñouno o célebre modisto Roberto


 
BOS DÍAS

Dirección: Dani de la Torre
Dir. produción: Toni Veiga
Guión: Marcos Nine, Dani de la Torre
Actores:: Xosé Barato, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Xavi Deive, Maxo Barjas.
Duración: 22 min.
Ano: 2006
Sinopse: Un amante dos coches potentes, das mulleres e do alto standing, ten tódolos boletos para ser un tipo de interés. O peor é que a veces tamén ten que traballar. Unha comedia romántica, un xénero escaso no mundo das curtas.
O detalle :O reparto fórmano algúns dos actores máis prometedores do panorama galego actual.

   
POR UNHA MULLER (ESTREA)

Dirección e guión: JDocampo
Producción: Visafilmes
Producción executiva : Victorino Lourido
Actores: Jesús Cabrero, Pemón Bouzas, Estrella Zapatero
BSO: Chencho Campos
Duración: 13 min.
Ano: 2006
Sinopse: Don Felipe é un xoieiro demasiado afeccionado a todo tipo de vicios sexuais. Pero desta volta, as cousas non van ser o que parecen.
O detalle : Sorprenderate o debú como actor do televisivo Pemón Bouzas.

 

O HOME PENSATIVO

Dirección: Xavier Alonso
Produción: Isaura Docampo
Actores: Ramón Castro, Dina Gil, Gata Moura
Director de fotografía: Diego Frei
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Sinopse: A vida cotía do home pensativo, un tipo pelín raro, que sobrevive escoitando a Gardel, nunha casucha a piques de ser devorada por imparables bloques de vivendas.
O detalle : A actuación sublime da Gata Moura; nin que estivera amaestrada.

 
Aquí se introducirá el contenido de la página
  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN