FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
  tr align="center" valign="middle">

JALPÓN FRIKI (FORA DE CONCURSO)

JALPÓN DE ALICIA

A CRISE DA PESCA

Dirección: Omar Rabunhal
Actores: Suso Lista e Pinto
Duración: 4 min.
Ano 2005
Sinopse: Dous mariñeiros en temporada de crise deciden afogar as penas nunha barra americana que agocha algunhas sorpresas
O detalle :Os dous protagonistas son percebeiros na vida real

   
AMNIOS

Dirección: Alex Rey
Produc
ción: MIRACHECHU PRODUCTIONS & DIVANE KATZ
Guión:Marcos Salgado, Raquel Rodríguez,Xose lois Díaz,Borja Martínez
Duración: 20 min.
Ano: 2005
Sinopse:Animación disparatada, con referencias que van desde Tarantino ata Mátrix, pasando pola Guerra das Galaxias
O detalle :Se coñeces a profesores de EGACI, seranche familiares algúns dos caretos que aparecen

   
BACK QUE MOUNTAN

Dirección: Kike Otero
Actores: Miguel de Lira, Expo
Duración: 4 min.
Ano 2006
Sinopse:
Parodia descarnada do aclamado filme “Broke back mountain”. Vaqueiros gays nun cortello de Labacolla e xenuino sabor a Marlboro. Imperdonable que marches de Cans sen vela
O detalle :A elegancia de Miguel de Lira montando (a cabalo)

   
MENUDA LIADA

Dirección: Diego Méndez, Andi Luca
Duración: 2 min.
Ano: 2004
Sinopse:Curta de plastilina na que se pode observar a cadea de montaxe dunha liada de tabaco mesturada con outras sustancias
O detalle : Fíxate na coreografía que se marcan

   
NO SKEIP

Dirección e guión: Ricardo Spencer
Actúan:A cabeza de Luis Tosar
Duración: 5 min.
Ano: 2004
Sinopse:Nunha alocada fuxida, un tipo ten que atravesar un campo de minas, onde hai ciscadas diversas extremidades humanas, entre elas, a cabeza de Luis Tosar
O detalle: O director aproveitou unha cabeza de Luis Tosar empregada na película “Lena”.

 
MUNDO COCIDO

Dirección e guión: Dani Menéndez
Voces bonecos: Isabel Blanco, Estíbaliz Veiga
Duración: 13 min.
Ano: 2006
Sinopse:Inclasificable curta de plastilina, na que se moven garda civís, ionquis e camellos. Moitas drogas e moito rock´n roll. Máis incorrecto, imposible
O detalle: Fíxate na vaca, que ten polo menos oito tetos

 
PUBLIPOEMAS

Dirección: Manuel Cortés, Kike Otero
Duración: 2 min.
Ano: 2006
Sinopse:Pezas tan curtas como intensas, que destilan a ironía que caracteriza ó actor do grupo Chévere e poeta Manuel Cortés
O detalle: Demasiado curtas como para perderse un só detalle

 
CHICKEN GUN

Dirección e guión: Carolina Brea
Actores: -Alex Maestre, Araceli Saavedra, Rubén Giráldez
Producción: Susana Galdames
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Sinopse:Dous repartidores de polos, cada cal máis parvo, deciden dar o pao nunha gasolineira. Cada paso que dan leva inevitablemente ó desastre
O detalle: Nace unha nova actriz porriñesa: Araceli Saavedra

 
PORCO KILLING (PORCOTOTAL)

Dirección e guión: Xosé González
Duración: 4 min.
Ano: 2005
Sinopse:Peza de videocreación que narra a matanza do porco desde unha perspectiva agro-pop. Nunca as tripas e o fígado tiveran tanta categoría artística. Ata o mesmo Warhol tería envexa destas morcillas!

 
CATRO VODAS, UN FUNERAL E UNHA CAIXA DE FROITA (ESTREA)

Dirección e guión: Roberto Vilar
Actor: Mon, El Chino del Matadero.
Duración: 6 min.
Ano: 2006
Sinopse:Último delirio de Roberto Vilar, un dos célebres Tonechos, que perpetrou esta curta coa colaboración de Tonhito de Poi e dúas víctimas ideais: Mon e máis El Chino del Matadero.
O detalle: A escea da voda non ten desperdicio.

 
  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN