FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

A CONCRETAR (XOVES, 25)
Bares Espacio Noite

TRISTES TIGRES (VENRES ,26)
Torreiro de Cans, entrada de balde

Trío de música experimental montañesa, liderado polo actor Víctor Mosqueira e o músico trotamundos Marcos Viascón. Tocan serruchos ou táboas de lavar e preparan en exclusiva para o Festival de Cans, un repertorio inclasificable que vai de Mozart a Negra Sombra.

ANDY CHANGO (VENRES, 26)
Torreiro de Cans, entrada de balde

Autor de coñecidas bandas sonoras do cine español como “Mortadelo y Filemón”, “A mi madre le gustan las mujeres” ou “Semen”, o arxentino Andy Chango chega a Cans disposto a non deixar indiferente a ninguén, e incluso ameaza con algunha sorpresa.

 

PISTACATRO MALABARES (SÁBADO,27)
Procesión de Chimpibuses e actuacións libres no medio das leiras

Formados na Escola de Circo de Londres, os malabares de Pistacatro son os abandeirados do Novo Circo Galego. Chegan a Cans dispostos a asombrarnos co máis difícil todavía: facer malabares de chimpin a chimpín (en movemento).

 


FESTICULTORES (SÁBADO,27)
Procesión de chimpibuses e torreiro de Cans no intermedio

A Charanga balcánica máis incrible de todo o noroeste da península: ventos, percusión e instrumentos de difícil calificación, fan dos Festicultores os reis da festa. Manu Chao acaba de reclamalos para un disco recopilatorio de grupos galegos actuais e un dos seus temas promete arrasar no verán:”A Cabra Macabra”. A Goran Bregovic estalle entrando a cagalera.

 

JOSELE SANTIAGO & PABLO NOVOA (SÁBADO 27)
Torreiro de Cans, peche do Festival, entrada de balde

O que fora líder dos Enemigos, Josele Santiago chega a Cans acompañado do vigués Pablo Novoa, outro músico de brillante traxectoria en grupos como “Golpes Bajos”, “Mastretta” e incluso en solitario. Josele fai un alto na gravación do seu novo disco para vir tocar ó Festival de Cans. Obrigado, Josele, sentímonos moi honrados coa túa presenza. Unha brillante actuación para poñer remate ó festival.

 

  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN