FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 
NOTICIAS  
Xoves, 01 de marzo 2007  
 

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO
IV FESTIVAL DE CANS

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

  1. Os videoclips que se presenten deben ser de músic@s ou grupos galegos, ou de autor/a galeg@, realizados nos anos 2005, 2006 ou 2007.
  2. Deben enviarse en soporte DVD antes do 31 de marzo de 2007 á seguinte dirección:
  3. Asociación Cultural Arela
    Aptdo. de Correos 232
    C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

  4. Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do IV Festival de Cans, que se desenvolverá en maio de 2007.

Asociación Cultural Arela
01 de marzo de 2007

   
Mércores, 17 Xaneiro 2007  
 

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES AO
IV FESTIVAL DE CANS

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

  1. As curtametraxes que se presenten deben ser producións galegas dos anos 2005, 2006 ou 2007.
  2. Admítense curtametraxes de ficción, de animación e documentais.
  3. A duración non superará os 25 minutos
  4. As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2007 á seguinte dirección:
  5. Asociación Cultural Arela
    Aptdo. de Correos 232
    C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

  6. As curtametraxes enviaranse en DVD e acompañaranse dunha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG:
    a) un fotograma
    b) un cartel
  7. As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas no IV Festival de Cans, que se desenvolverá en maio de 2007.

Asociación Cultural Arela
17 de xaneiro de 2007.

  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN