FESTIVAL DE CANS 2006

 

 
 

A PRIMEIRA EDICIÓN
A primeira edición do Festival de Cans, o ano pasado, supuxo un gran éxito de público e repercusión mediática. Máis de 600 persoas pasaron por Cans o día do festival, entre o numeroso público que asistiu ás proxeccións e os que se achegaron para gozar do bo ambiente que alí se creou.

Proxectáronse dezasete das mellores curtametraxes galegas realizadas do ano 2000 en diante, cunha gran aceptación por parte do público. "A petición de man", de Ben Temple, obtivo os premios do público e do xurado á mellor curta de ficción, e "De tripas y corazón", de Juan Pablo Etcheverry, conseguiu o de mellor curta de animación.

Outorgouse tamén un premio honorífico, que nesa primeira edición recoñeceu a Luis Tosar. O premiado actor galego foi un dos moitos famosos que se achegaron ata Cans para coñecer o festival: alí estiveron actores como Antonio Durán "Morris", Camila Bossa, Miguel de Lira; xornalistas como Suso Iglesias ou Xosé Manuel Pereiro e músicos como Guillermo Hernández, Javier Krahe, Víctor Coyote e Toñito de Poi.

A SEGUNDA EDICIÓN
Para acceder aos contidos da web da segunda edición do festival clica AQUÍ


  festival@festivaldecans.com
BENVIDA
O FESTIVAL
NOTICIAS
PROGRAMA
AS CURTAS
MÁIS QUE CINE
PREMIOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
GALERÍA
COLABORAN