|
Luns, 01 de Xuño de 2009 |
|
O Festival de Cans recibe o Premio da Crítica 2009 á mellor iniciativa cultural
O que non deu feito o tranvía, conseguiuno o festival. Cans chegou por fin a Mondariz-Balneario este sábado 30 de maio para recoller o Premio da Crítica 2009 ás iniciativas culturais. O xurado considerou o Festival de Cans merecente dun recoñecemento que antes recibiron o Museo do Pobo Galego, o Grupo Atlántica, a Revista Bravú, A Peneira e o Arquivo Histórico de Galicia, entre outros.
 O xurado valorou do Festival de Cans “a frescura e orixinalidade permanente e a proxección interna e externa que ofrece aos produtos audiovisuais feitos en Galicia”. Ata Mondariz foron para recoller o premio Alfonso Pato, director do festival; Alicia Sánchez, veciña de Cans e veterana colaboradora; e César Lourido e Moisés Álvarez en representación da Asociación Cultural Arela, organizadora do evento. Aí os vedes na foto, contentos coma cucos. Neste enlace podedes ver a lista completa de gañadores destes premios desde a súa creación en 1979: Premios da Crítica Galicia |
|