|
Palmarés do V Festival de Cans |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable PALMARÉS DO V FESTIVAL DE CANS Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Sálvame, de Javier Veiga. O xurado valorou “a súa solidez narrativa, corrección formal e a súa interpretación audaz dos patróns da comedia clásica”. Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: 1977, de Peque Varela. O xurado valorou que “esta curtametraxe ten un discurso que explota cunha pincelada persoal as posibilidades da animación, combinando diferentes técnicas, e que é un traballo valente e de alta calidade artística”. Premio do público á mellor curtametraxe de animación., dotado co Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curtametraxe e a inclusión no programa Curtas 08 (Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia): A revolta dos mouses, de David Gen. |
|
Máis Cans en Internet: blog, Youtube e Myspace |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable A quinta edición do Festival de Cans está xa cerca. Comeza en Cans (O Porriño) o mércores 21 de maio e desenvolverase ata o sábado 24, pero xa se pode gozar en Internet. O festival aposta este ano polos contidos propios e aumenta a súa presenza na Rede cun blog propio , unha canle en Youtube e unha páxina en Myspace . |
|
Read more...
|
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
ANYWHERE CINEMA: SHOOT-ME FILM FESTIVAL O Festival de Cans está á procura de festivais no mundo cos que comparta un mesmo espírito. É unha viaxe na busca de certames cinematográficos nos que se tenta levar o cine fóra das pantallas habituais, sacalo dos teatro, os auditorios e as salas para levalo ao encontro do público en calquera outra parte. O obxectivo é crear unha rede internacional de festivais con estas características, baixo o nome de Anywhere Cinema. Cans xa ten un compañeiro de viaxe nesta aventura: o Shoot-Me Film Festival, que se desenvolve na Haia (Holanda), e que este ano celebra a súa cuarta edición do 16 ao 22 de xuño. O Shoot-Me reúne curtas, longametraxes, documentais e producións experimentais de todo o mundo e as exhibe nos lugares máis sorprendentes, co obxectivo de reforzar a intensidade da experiencia fílmica. Na edición do ano pasado, as proxeccións fixéronse es espazos tan suxestivos como unha igrexa, un ximnasio de boxeo, un arquivo ministerial, unha tenda de alfombras ou un sexshop. O Shoot-Me Film Festival será o festival convidado en Cans este ano. O venres 23 ás 19:00 horas presentan unha selección de seis curtas de animación e documentais de Holanda, Francia e Perú que participaron na edición de 2007. E poderemos falar do festival con Jolinde den Haas, unha das súas promotoras. www.shoot-me.nl Love, terror, peace [Amor, terror, paz] (4') Vai de: A contradición entre violencia e amor. Tanques, bombas e calaveras que parecen símbolos da paz, corazóns e sorrisos. O paradoxo da loita pola paz. Director: Daniël Rozenberg Holanda Ano 2007
And the dutch created the Netherlands [E os holandeses crearon os Países Baixos] (28') Vai de: Holanda a través dos ollos dun estudante peruano. Este divertido documental está completamente feito con imaxes de YouTube. Director: Héctor Chávez Perú / Holanda Ano 2007 Inglés e holandés con subtítulos en español Jungle jail [A gaiola da selva](8') Vai de: Un ser pequeniño nunha gaiola, pode sobrevivir entre tipos moito máis grandes ca el? Dirección: Mathieu Arnoux, Hugo Cierzniak, Bruce Nguyen Van Lan e Aymeric Palermo Francia Ano 2007 EU rules [Normas da UE] (6') Vai de: Unha visión animada e irónica da nova normativa europea sobre os líquidos que os pasaxeiros de avión poden levar na súa equipaxe de man. Director: EU passenger Holanda Ano 2007 Miss Kabula (12') Vai de: Mozas que saen pola noite, sexis e provocativas, a bailar reggaeton. Adoptan un rol de obxectos sexuais, aínda que todas poñen os seus propios límites. Son sinceras e din o que pensan. Director: Sanna van Renesse Holanda Ano 2007 Holandés con subtítulos en español Moi (2') Vai de: Pelle é un personaxe que está caendo. Atópase e vólvese perder no baleiro negro no que aterriza. Dirección: Job, Joris e Marieke Holanda Ano 2006 |
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
PREMIO PEDIGREE 08: CHETE LERA Chete Lera é un actor cunha longa carreira interpretativa, iniciada a finais dos setenta no teatro e afianzada no audiovisual, especialmente no cinema. Cómpre salientar a súa disposición a participar en proxectos novos e apoiar a directores noveis, e a súa intervención en numerosas curtametraxes, algunhas delas de sinatura galega, como “O río ten mans”, de Beatriz del Monte, e “Sandra”, de Ángel de la Cruz. No eido teatral Lera participou en numerosas montaxes con directores como José Luis Gómez, Gerardo Vera e José Carlos Plaza. Con todo, do seu labor sobre as táboas destaca a dirección da Fundación Espacio Cero dende 1978 ata a súa desaparición. Recentemente, a principios do ano en curso, protagonizou a obra “¿Dónde estás, Ulalume, dónde estás?”, dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente, con texto de Alfonso Sastre e baseada nos últimos días de Edgar Allan Poe. Comezou a destacar no audiovisual da man de Mario Camus, quen contou con el para a serie “La forja de un rebelde”, baseada na triloxía homónima autobiográfica de Arturo Barea. Lera foi axiña reclamado polos directores de cinema máis nomeados do sector español, polo que leva ás costas máis dunha trintena de rodaxes de filmes para a gran pantalla. Traballou, entre outros, con Julio Médem (“La ardilla roja”), Montxo Armendáriz (“Secretos del corazón”), Icíar Bollaín (“Flores del otro mundo”) e Imanol Uribe (“Plenilunio” e “Extraños”). Supuxo un importante pulo para a súa carreira o seu protagonismo en “Familia”, de Fernando León de Aranoa, quen o volveu chamar para “Barrio”, así como a súa intervención en “Abre los ojos”, de Alejandro Amenábar. O contacto de Chete Lera co audiovisual galego foi constante. Participou en numerosos filmes producidos e rodados no país. Neste senso destacan as súas interpretacións en longametraxes como “Fisterra”, “O alquimista impaciente”, “Ilegal”, “A promesa”, “Concursante” e “O neno de barro”, e mais en telefilmes como “Mentíndolle á vida”, Secuestrados en Xeorxia” e “Ecos”. Máis inserido que nunca na produción audiovisual da terra vén de rodar os filmes “Os mortos van ás presas”, dirixido por Ángel de la Cruz”, e “A noite que deixou de chover”, ópera prima de Alfonso Zarauza. |
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Next > End >>
|
| Results 1 - 14 of 116 |