Festival de Cans 2010
Por fin... comeza o Festival de Cans! PDF Imprimir E-Mail
martes, 19 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

NOTA DE PRENSA 6

Enviámosvos unha nota na que falamos da programación, dos cortes de tráfico que faremos en Cans o venres e o sábado e, principalmente, da última actuación musical confirmada: o venres teremos a KIKO VENENO de cabeza de cartel.

 
A estrada de Cans PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
A estrada de Cans
Dirección: Juanma Lodo
Sinopse: A partir do tramo de estrada que pasa por Cans, Juanma Lodo mergúllase na memoria da aldea, a través dos recordos dos veciños que abarcan case o último século. A estrada como lugar de moceo, a vida dos bares, ou accidentes tráxicos como o de 1955 no que morreron 31 persoas ó volcar un autobús. Emoción e recordo. 
 
 
A noite que deixou de chover PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
A noite que deixou de chover
Ano 2008 / 90 min.
Dirección: Alfonso Zarauza
Produción Executiva: Harold Sánchez, José Alba, Manuel Cristóbal, Álvaro Suárez, Rubén Zarauza, Guión: Alfonso Zarauza
Fotografía: Antonio González
Montaxe: Juan Carlos Arroyo
Música: Piti Sanz
Dirección de arte: Curru Garabal
Intérpretes: Luis Tosar, Nora Tschirner, Mercedes Sampietro, CheteLera, Fede Celada, Miguel de Lira, Cristina Solano.
Sinopse: Spleen é un dandi ó que só lle gustan tres cousas na vida: Valle-Inclán, Os Smiths e as mozas malas con flequillo. A noite quedeixa de chover, Spleen coñece á Rusa, unha moza mala con flequillo coa que inicia unha inesperada viaxe ó interior da bohemia da noite, e dunha estraña cidade de pedra que transformará as súas vidas

A noite que deixou de chover 

 
Sonata para un dueto PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Sonatapara un dueto
Ano 2009 / 12 min.
Dirección: Javier Ruiz
Actores: Berta Ojea, Manuel Manquiña.
Sinopse: Unha parella de artistas decadentes discuten sobre a necesidade ou non de seguir coa súa triste peregrinaxe actuando de función en función.Un dilema crú, pero tamén por veces tenro e emotivo. Non perdas o magnífico man a man interpretativo entre Manuel Manquiña e Berta Ojea. E cun luxo engadido, que eles mesmos presentarán a curta en directo. 
Sonata para un dueto 
 
Houston PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Houston
Ano 2008 / 3:03 min.
Dirección: Jorge Saavedra
Produción: Miguel García
Actores: Xosé Barato, Xavier Deive, Raúl Rodríguez, Diana Fernández
Sinopse: Estrea do novo proxecto que nace impulsado polo Festival de Cans. O pasado ano, a organización convidou ó director Jorge Saavedra, gañador do festival no 2007, a realizar unha curta. Pero, parodiando ó movimento Dogma, impuxo varias condicións: que fosen rodada secuencias en Cans, que actuasen algúns actores da parroquia, que aparecese un can nalgunha secuencia, e que algún actor usase nalgún momento a palabra chimpín. Este é o resultado. Estade pendientes, a ver quen pilla se din ou non a palabra “chimpín”. 

Houston 

 
A nena que tiña unha soa orella PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
A nena que tiña unha soa orella
Ano 2009 / 5 min.
Dirección: Álvaro León
Produción: Rubén Coca Baseado nun relato de Lucía Etxebarría
Sinopse: A partir de un feito real, a escritora Lucía Etxevarría escribiu un conto, que foi publicado con ilustracións de Víctor Coyote. A partir de aí, o director capta esta proposta e decide levala á animación. En Cans verás o resultado. E ademais de estrea. 

A nena que tiña unha soa orella 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 15 - 28 de 179
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.