|
Máis Cans en Internet: blog, Youtube e Myspace |
|
|
|
|
Domingo, 18 de Maio de 2008 |
|
A quinta edición do Festival de Cans está xa cerca. Comeza en Cans (O Porriño) o mércores 21 de maio e desenvolverase ata o sábado 24, pero xa se pode gozar en Internet. O festival aposta este ano polos contidos propios e aumenta a súa presenza na Rede cun blog propio , unha canle en Youtube e unha páxina en Myspace. |
|
Ler máis...
|
|
O Festival de Cans multiplica as actividades |
|
|
|
|
Xoves, 01 de Maio de 2008 |
|
O Festival de Cans multiplica as actividades audivosuais, musicais e alternativas na súa edición máis completa Ás 18 curtas e 14 videoclips a concurso, súmanse a estrea de dúas películas e dous documentais, e a creación dun espazo para curtametraxes innovadoras Por primeira vez entregaranse premios económicos, que en total superarán os 8.000 euros O xurado estará formado por Nacho Vigalondo, Lidia Mosquera, María Castro, Roberto Villar, Rober Bodegas, Tatiana Rodríguez e Pedro Alonso Ábrense tres salas novas, póñense á venda máis entradas e instáurase unha xornada máis de festival, o Día dos Veciños Miguel Costas & La Banda Turca, Jesús Ordovás e Tony Lomba e Elio dos Santos entre a programación musical, que este ano estrea un novo formato: as performances acústicas no “Canastro Experience” A sinalización dun roteiro de sendeirismo e a posta en marcha do proxecto de creación de curtas “Cans 303”, outras novidades destacadas da quinta edición
|
|
Máis de 100 curtas e 30 videoclips |
|
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo de 2008 |
|
Rematou o prazo de recepción de curtametraxes e videoclips para o V Festival de Cans. Este ano recibimos algo máis de 100 curtametraxes, entre as producións de ficción, de animación e documentais, e uns 30 videoclips. Unhas cifras que demostran a importancia da produción audiovisual nestes formatos en Galicia. O festival superou as cantidades elevadas de curtas e clips recibidos o ano pasado, polo que estamos moi satisfeitos pola resposta dos creadores e creadoras galegos. Agora estamos inmersos no proceso de selección das obras que participarán nos distintos apartados do festival. En poucas semanas daremos a coñecer o resultado, estade atent@s á web... |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 15 - 28 de 34 |