Principal
Inicio
Noticias
De qué va
Proyecciones
Programa
Más que cine
Entradas
Jurado y premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta con nosotros
Área privada
Últimas Noticias
Noticias
De que vai
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Por se aínda non sabes de que vai o festival...

O Festival de Cans é un peculiar festival de curtametraxes que se celebra no mes de maio na parroquia de Cans (O Porriño), coincidindo en datas co Festival de Cannes. Precisamente a idea do festival xurdiu da similitude entre o nome desta aldea galega e a da cidade francesa. Naceu en 2004, polo que a de 2008 será a quinta edición. Este ano celebrarase do 21 ao 24 de maio, aínda que o conxunto de actividades desenvolvidas extenderase ao longo de todo o mes de maio.

Características:

O Festival de Cans foi evolucionando nas catro edicións transcurridas, pero segue mantendo unhas características básicas permanentes. Estas son as principais.

O festival celébrase en Cans, unha parroquia rural do Porriño, con 450 habitantes.
Celébrase a finais de maio, coincidindo co Festival de Cannes en Francia.
O festival céntrase nas producións galegas actuais. A base da programación do festival son as curtametraxes, aínda que tamén se aposta pola estrea de longametraxes e documentais. Desde o ano pasado conta cunha sección dedicada aos videoclips e este ano abrirá un oco para a proxección de curtas documentais.
As curtametraxes proxéctanse en locais dos que son propietarios veciños e veciñas da parroquia e que durante todo o ano cumpren outras funcións, como poden ser: bodega, galpón, alpendre, baixo, etcétera.
O festival espándese por toda a parroquia, xa que as proxeccións teñen lugar en locais espallados por distintos barrios nun radio de 1 quilómetro.
Establécese un sistema rotatorio polo que o público con entrada pode asistir a todas as curtas, que se proxectan en varios locais de forma simultánea e durante catro pases.
O festival ten unha concepción ampla da cultura e un carácter eminentemente festivo, polo que se programan unha serie de actividades paralelas, especialmente actuacións musicais, festas temáticas, outras proxeccións, etcétera.

Obxectivos:

Os principais obxectivos do Festival de Cans son:

Crear un festival no que se potencie a curtametraxe galega, un espazo para os novos creadores no que poidan acadar unha repercusión mediática importante.
Crear un festival cun formato innovador que sexa capaz de chegar a públicos diversos, todo isto nun medio ao que habitualmente non chegan as curtas, como é o rural.
Establecer a partir do premio en Cans unha vía de saída para que as curtas gañadoras sexan vistas e recoñecidas en diferentes lugares e cheguen a un público máis amplo.
Buscar vías de contacto e diálogo con outros festivais de características similares por outros lugares do mundo, festivais de cine nos que as proxeccións se realizan fora de salas, teatros e outros espazos convencionais.
Dinamizar un espazo rural como é Cans, situándoo no centro dun evento cultural de primeira magnitude.
Establecer un diálogo entre o rural en transformación e a creación audiovisual.

 
V Festival de Cans
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

O V Festival de Cans

Cans e Cannes volven compartir o protagonismo cinematográfico do mes de maio. A Costa Azul e o Val do río Louro volven competir por acaparar a atención dos focos. Pero a oferta que o Festival de Cans prepara para a súa quinta edición os días 21, 22, 23 e 24 de maio nesta parroquia do Porriño será difícil de igualar. O festival audiovisual galego máis popular e interxeracional volve á carga con máis salas, máis curtas, máis longametraxes, máis música, e sempre co maior protagonismo para o cine galego.

Os elementos icónicos do festival seguen aí un ano máis: os alpendres, galpóns e adegas que se converten en salas, a tropa de chimpibuses para transportar aos espectadores, as alfombras vermellas (e azuis) espalladas polos carreiros, moita música de sonoridade diversa e espírito festeiro e a hospitalidade de sona universal dos veciños e veciñas de Cans.

Leer más...
 
La próxima semana daremos a conocer toda la programación

Estar atentos, porque a partir de la próxima semanas daremos a conocer toda la programación: los corto seleccionados, el resto de proyecciones, los conciertos y demás actividades. 

 
Juanma Bajo Ulloa en el coloquio "na leira"

El Festival de Cans contará este año con la presencia de Juamma Bajo Ulloa. El realizador vasco, director de filmes como Airbag, La madre muerta, Alas de mariposa y Frágil, participará el sábado el 24 de mayo en el  "coloquio na leira", presentado y acompañado por  Manuel Manquiña. El festival ofrecerá además una pequeña retrospectiva con algunos cortometrajes que dirigió Bajo Ulloa. 

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>

Resultados 29 - 42 de 116
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.