Festival de Cans 2010
Can Parede PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Can Parede

CAN PAREDE

(Desde o Xoves,21/ Entrada Bar Tubulart)
Despois da exitosa experiencia da Can Parade hai dúas edicións, volve nesta ocasión a súa prima-irmá, a Can Parede. A través de siluetas limpas de can debuxadas nunha longa parede, o Bar Tubulart propúxelles a varios artistas de diferentes disciplinas,intervir o logo do festival aplicando o seu talento. Graffiteiros, deseñadores ou debuxantes mostrarán a súa arte nestes cans que estarán expostos na entrada do Bar Tubulart ó longo de todo o festival.

 

 
THE WEREPIG PDF Imprimir E-Mail
sábado, 16 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Ano 2008 / 16 min.
Guión e dirección: Sam
Produtor: Ignacio Benedetti
Produción Executiva: Xosé Zapata, Sam
Sinopse: Un ano de sequía, un calor que derrete os paxaros, e dous americanos buscando un grolo de auga ó borde da deshidratación. Pero todo cambia cando atopan unha casa cunha vella parella de galegos. Parecen uns tipos afables e hospitalarios, pero non todo é o que parece…os galegos somos unha raza moi falsa!!
O detalle: Descubre a forza da plastilina como un dos materiais mais gores do mundo.

The werepigs 

 
O COIDADOR DE GATOS PDF Imprimir E-Mail
sábado, 16 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Ano 2009 / 12 min.
Guión e dirección: Fernando Cortizo
Producida por Artefacto
Produción executiva: Isabel Rey
Director produción: Rafael Toba
Animación: Marcos Valín, María Monescillo, Manuel Rubio
Decorados: María Hernaz, Cristina Acuña
Música: Josh Rouse
Sinopse: Mariano leva unha vida rutinaria: traballa na cociña económica e a súa única Ilusión é levarlle as sobras os seus únicos amigos: os gatos. Pero un día, os gatos deixan de serlle fieis, e cambiano por un tipo misterioso que parece ofrecerlle mellor comida.
O detalle: Fíxate ben nos perfís, nas voces dos protagonistas, e na paisaxe urbana. Seguro que che recordan a algún actor e a algunha cidade que coñeces. 

O coidador de gatos 

 
O SOLDADIÑO DE CHUMBO PDF Imprimir E-Mail
sábado, 16 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Ano 2008 / 12 min.
Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde
Produtor: Pancho Casal
Producida por Continental Producións e Algarabía
Produtora executiva: Chelo Loureiro
Música orixinal: Emilio Aragón
Deseño de personaxes: Alfonso Costa
Baseada nun relato de H.C. Andersen
Sinopse: Fermosa adaptación do clásico de Hans Christian Andersen. Os xoguetes e as figuras deseñadas en plastilina cobran vida ata lograr unha historia que chegará a emocionarte.
O detalle: O actor e director Emilio Aragón compuxo unha banda sonora digna de escoitar con atención.

O soldadiño de chumbo 

 
O PINTOR DE CEOS PDF Imprimir E-Mail
sábado, 16 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Ano 2008 / 24 min.
Director e Produtor: Jorge Morais Valle
Guión: Silvia Pazos e Jorge Morais Valle
Sinopse: Uns acantilados perdidos, unha mansión inhóspita, e un pintor maníaco que, co seu fiel axudante, non paran de buscar un remedio que poña fin ás implacables tempestades. Aínda por enriba, a casa está chea de pantasmas que retornan do pasado. ¿pero veñen axudar ou a sementar mais desconcerto?
O detalle: Elixida mellor curta de animaciónnos Mestre Mateo´08. O seu director cociñou a curta el soíño: guion, son, montaxe, animación e o que fixese falta.

O pintor de ceos 

 
O RAIO TRASPARENTE PDF Imprimir E-Mail
sábado, 16 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Ano 2009 / 8 min.
Guión e dirección: Pancho Lapeña
Producida por Control Z
Produción executiva: Adriá Pino, Xacobe Sineiro, Quique Otero.
Voces personaxes: Miguel de Lira,Víctor Mosqueira
Sinopse: Dous clásicos do santoral galego, dous San Benitiños, o de Lérez e o de Paredes, vense en zarzados nunha liorta accidental, tratando de dar solución a un histórico debate nacional, ¿qué San benitiño é mais milagreiro, o de Lérez ou o de Paredes?
O detalle: Fíxate no esquelete. Seguro que che resulta familiar. Estrea o seu periplo de festivais en Cans.
 

O raio transparente 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 29 - 42 de 179
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.