Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
O Premio Pedigree do Festival de Cans recae na súa cuarta edición en Antón Reixa, un artista de longa e polifacética traxectoria cultural. Ademais de escritor e músico, no eido audiovisual explotou distintas facetas: artista multimedia, director de cine e televisión, produtor, actor, guionista, presentador de radio e televisón... Reixa foi pioneiro dos videoclips en Galicia, un xénero polo que o Festival de Cans aposta este ano cunha nova sección a concurso.  Nos últimos anos Antón Reixa centrouse no seu traballo como director e produtor. En 1998 dirixiu a serie da TVG “Mareas vivas”, que supuxo un éxito sen precedentes para a ficción televisiva galega. Fundou entón a produtora Portozás Visión, que hoxe preside co nome de Filmanova. Dende esta plataforma produciu longametraxes como “Lena”, “O ano da carracha” e “Galatasaray-Depor”, curtas como “Ciclo” e “O último chanzo”, e documentais como “Tucho Bouza, o emperador do Bronx”. En 2002 lanzouse á dirección de longametraxes con “O lapis do carpinteiro”, adaptado por el mesmo do libro homónimo de Manuel Rivas. Nos últimos anos está embarcado nunha segunda longametraxe da que é director e guionista e que se estrea a principios de maio. Trátase de “Hotel Tívoli”, unha comedia con reparto coral e internacional na que destaca a presenza dos galegos Luis Tosar, Mabel Rivera, Marta Larralde, Nancho Novo e Uxía Blanco. Ademais dunha intensa actividade no campo do audiovisual, o papel relevante de Antón Reixa como axitador da cultura galega débese tamén á súa participación no Grupo de Comunicación Poética Rompente, e a ser o líder de “Os Resentidos”, o grupo que nos 80 revolucionou a música pop galega cruzando hip-hop, muiñeira, rock e vangarda. |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable Premio Pedigree´07 (de honra): ANTÓN REIXA. Premio do público á mellor curta de ficción: TEMPADA 92-93, de Alejandro Marzoa. Premio do público á mellor curta de animación: A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO, de Juan Pablo Etxeberry. Premio do xurado á mellor curta de ficción: SEN CHUMBO, de Jorge Saavedra. Mención especial do xurado en ficción: AS CARREIRAS SECRETAS, de Antonio Coucheiro "Cou". Premio do xurado á mellor curta de animación: PROMESA, de Fernando Cortizo. Premio do xurado á mellor actriz: CRISTINA CASTAÑO, por "Sen chumbo". Premio do xurado ao mellor actor: XULIO ABONJO, por "Sen chumbo". Premio do xurado ao mellor videoclip: NIÑO Y PISTOLA: SONG 74. Realizador: Manolito Portolés. Premio do público ao mellor videoclip: EL CUBO: COMO CADA DÍA. Realizador: Miguel de la Peña. |
|
|
XURADO DO FESTIVAL
RAMÓN COSTAFREDA, director de cine MARIANA CARBALLAL, actriz e realizadora VÍCTOR FÁBREGAS, actor MANUEL MANQUIÑA, actor VÍCTOR MOSQUEIRA, actor MAR BARROS, xornalista cultural JAVIER GUTIÉRREZ, actor XURADO ESPECIAL DE VIDEOCLIPS
BELÉN REGUEIRA, xornalista VÍCTOR COYOTE, músico e realizador JUAN DE PABLOS, locutor de radio PREMIOS Premio Pedigree´07 (de honra): ANTÓN REIXA. Premio do público á mellor curta de ficción: TEMPADA 92-93, de Alejandro Marzoa. Premio do público á mellor curta de animación: A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO, de Juan Pablo Etxeberry. Premio do xurado á mellor curta de ficción: SEN CHUMBO, de Jorge Saavedra. Mención especial do xurado en ficción: AS CARREIRAS SECRETAS, de Antonio Coucheiro "Cou". Premio do xurado á mellor curta de animación: PROMESA, de Fernando Cortizo. Premio do xurado á mellor actriz: CRISTINA CASTAÑO, por "Sen chumbo". Premio do xurado ao mellor actor: XULIO ABONJO, por "Sen chumbo". Premio do xurado ao mellor videoclip: NIÑO Y PISTOLA: SONG 74. Realizador: Manolito Portolés. Premio do público ao mellor videoclip: EL CUBO: COMO CADA DÍA. Realizador: Miguel de la Peña. |
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
As propostas do Festival de Cans van máis aló do cine. Este ano convidouse a 16 creadores emerxentes do Porriño procedentes dos eidos das belas artes, o deseño, a publicidade e o graffiti para que reinterpretasen a silueta do Can do festival. Se Vigo ten a Cow Parade, o Festival de Cans ten a Can Parade. O resultado desta proposta poderá verse dende o 18 de maio nos escaparates comerciais do Porriño, e o sábado 26 nas leiras de Cans. Se queres ver algunhas imaxes da Can Parade pincha aquí. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 85 - 98 de 116 |