Noticias
ANYWHERE CINEMA
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

ANYWHERE CINEMA: SHOOT-ME FILM FESTIVAL

O Festival de Cans está á procura de festivais no mundo cos que comparta un mesmo espírito. É unha viaxe na busca de certames cinematográficos nos que se tenta levar o cine fóra das pantallas habituais, sacalo dos teatro, os auditorios e as salas para levalo ao encontro do público en calquera outra parte. O obxectivo é crear unha rede internacional de festivais con estas características, baixo o nome de Anywhere Cinema.

Cans xa ten un compañeiro de viaxe nesta aventura: o Shoot-Me Film Festival, que se desenvolve na Haia (Holanda), e que este ano celebra a súa cuarta edición do 16 ao 22 de xuño. O Shoot-Me reúne curtas, longametraxes, documentais e producións experimentais de todo o mundo e as exhibe nos lugares máis sorprendentes, co obxectivo de reforzar a intensidade da experiencia fílmica. Na edición do ano pasado, as proxeccións fixéronse es espazos tan suxestivos como unha igrexa, un ximnasio de boxeo, un arquivo ministerial, unha tenda de alfombras ou un sexshop.

O Shoot-Me Film Festival será o festival convidado en Cans este ano. O venres 23 ás 19:00 horas presentan unha selección de seis curtas de animación e documentais de Holanda, Francia e Perú que participaron na edición de 2007. E poderemos falar do festival con Jolinde den Haas, unha das súas promotoras.
www.shoot-me.nl


Love, terror, peace [Amor, terror, paz] (4')
 Vai de: A contradición entre violencia e amor. Tanques, bombas e calaveras que parecen símbolos da paz, corazóns e sorrisos. O paradoxo da loita pola paz.
 Director: Daniël Rozenberg
 Holanda
 Ano 2007

And the dutch created the Netherlands [E os holandeses crearon os Países Baixos] (28')
 Vai de: Holanda a través dos ollos dun estudante peruano. Este divertido documental está completamente feito con imaxes de YouTube.
 Director: Héctor Chávez
 Perú / Holanda
 Ano 2007
 Inglés e holandés con subtítulos en español

Jungle jail [A gaiola da selva](8')
 Vai de: Un ser pequeniño nunha gaiola, pode sobrevivir entre tipos moito máis grandes ca el?
 Dirección: Mathieu Arnoux, Hugo Cierzniak, Bruce Nguyen Van Lan e Aymeric Palermo
 Francia
 Ano 2007

EU rules [Normas da UE] (6')
 Vai de: Unha visión animada e irónica da nova normativa europea sobre os líquidos que os pasaxeiros de avión poden levar na súa equipaxe de man.
 Director: EU passenger
 Holanda
 Ano 2007

Miss Kabula (12')
 Vai de: Mozas que saen pola noite, sexis e provocativas, a bailar reggaeton. Adoptan un rol de obxectos sexuais, aínda que todas poñen os seus propios límites. Son sinceras e din o que pensan.
 Director: Sanna van Renesse
 Holanda
 Ano 2007
 Holandés con subtítulos en español

Moi (2')
 Vai de: Pelle é un personaxe que está caendo. Atópase e vólvese perder no baleiro negro no que aterriza.
 Dirección: Job, Joris e Marieke
 Holanda
 Ano 2006

 
Premio de honra
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

PREMIO PEDIGREE 08: CHETE LERA

Chete Lera é un actor cunha longa carreira interpretativa, iniciada a finais dos setenta no teatro e afianzada no audiovisual, especialmente no cinema. Cómpre salientar a súa disposición a participar en proxectos novos e apoiar a directores noveis, e a súa intervención en numerosas curtametraxes, algunhas delas de sinatura galega, como “O río ten mans”, de Beatriz del Monte, e “Sandra”, de Ángel de la Cruz.

No eido teatral Lera participou en numerosas montaxes con directores como José Luis Gómez, Gerardo Vera e José Carlos Plaza. Con todo, do seu labor sobre as táboas destaca a dirección da Fundación Espacio Cero dende 1978 ata a súa desaparición. Recentemente, a principios do ano en curso, protagonizou a obra “¿Dónde estás, Ulalume, dónde estás?”, dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente, con texto de Alfonso Sastre e baseada nos últimos días de Edgar Allan Poe.

Comezou a destacar no audiovisual da man de Mario Camus, quen contou con el para a serie “La forja de un rebelde”, baseada na triloxía homónima autobiográfica de Arturo Barea. Lera foi axiña reclamado polos directores de cinema máis nomeados do sector español, polo que leva ás costas máis dunha trintena de rodaxes de filmes para a gran pantalla. Traballou, entre outros, con Julio Médem (“La ardilla roja”), Montxo Armendáriz (“Secretos del corazón”), Icíar Bollaín (“Flores del otro mundo”) e Imanol Uribe (“Plenilunio” e “Extraños”). Supuxo un importante pulo para a súa carreira o seu protagonismo en “Familia”, de Fernando León de Aranoa, quen o volveu chamar para “Barrio”, así como a súa intervención en “Abre los ojos”, de Alejandro Amenábar.

O contacto de Chete Lera co audiovisual galego foi constante. Participou en numerosos filmes producidos e rodados no país. Neste senso destacan as súas interpretacións en longametraxes como “Fisterra”, “O alquimista impaciente”, “Ilegal”, “A promesa”, “Concursante” e “O neno de barro”, e mais en telefilmes como “Mentíndolle á vida”, Secuestrados en Xeorxia” e “Ecos”. Máis inserido que nunca na produción audiovisual da terra vén de rodar os filmes “Os mortos van ás presas”, dirixido por Ángel de la Cruz”, e “A noite que deixou de chover”, ópera prima de Alfonso Zarauza.

 
Compra as túas entradas en Cans o venres 16 de maio
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable


Hoxe luns 12 de maio, antes das 10 da mañá, agotáronse os 120 packs de entrada + camisetas que tiñamos dispoñibles a través da web. As 480 entradas restantes porémolas á venda o venres 16 de maio ás 20:00 horas no local social de Cans. Só se poden adquirir dúas por persoa e non se admiten reservas. Aquí tedes máis información.

E non esquezades que o 90% das actividades do Festival son de acceso libre e gratuíto. As entradas permiten ver as 18 curtas a concurso, pero sen elas poderás gozar de todo o demais.

 
Salas Libres
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

JALÓN FRIKI e ESPAZO MULTIUSOS

1.A XINECÓLOGA (10´)
Xénero: Dramedia sexolóxica
DIRECCIÓN: Alfonso Camarero
ACTORES: Camila Bossa, Esteban Yáñez, Miro Magariños, Carolina   Vázquez.
VAI DE : Unha xinécóloga recibe a unha paciente e observa que é un rapaz. Acaba por botalo da consulta, pero a súa xefa ordénalle que ten que atender á/ó paciente. Un lío así pode supoñer un viacrucis para unha xinecóloga.
O DETALLE: Moito ollo ó momento decisivo da consulta

2.FRONTE DE LIBERTACOM DO GRELO (2´)
Xénero: Micromonólogo revolucionario
DIRECCIÓN: Andrés Cameselle, “Andresolo”
ACTOR: Andrés Cameselle “Andresolo”
VAI DE: “Andresolo” é das personaxes mais frikis que emerxeron na rede nos últimos anos. Este tipo un tanto delirado tanto loita contra o cambio climático como contra a “libertacom do grelo”.
O DETALLE: Non perdas o careto deste tío

3.LA POLLA (15´)
Xénero: Melodrama gore
DIRECCIÓN: La Chú
ACTORES: X. Expóxito “Expo”, Enma Silva
VAI DE: Unha clienta entra nunha tenda de lencería, e o perverso dono acaba querendo abusar dela. Logo de diversos avatares, a cousa acaba como o rosario da aurora.
O DETALLE: Fíxate no título, porque a “ídem”, tamén acabará como actriz convidada. E tanto!

4.NON RETORNABLE (3´)
Animación
DIRECCIÓN: Marcos Méndez e Eva Rey
VAI DE: Un astronauta americano chega ó Planeta Sogama con intención de conquistalo, pero ¿que pode pasar na metade da conquista se lle dá un apretón de vexiga?
O DETALLE: Ollo, os planetas poden ter desague

5.ENTORRADOS (12´)
Comedia absurda
GUIÓN e DIRECCIÓN: Germán Tejada e Carlos Sante
ACTORES: Carlos Sante e Pablo Sánchez
VAI DE: O calificativo de “surrealista” quédalle curto a esta comedia que se desenvolve nos arredores da Torre de Hércules. Algúns odiarana, pero outros non pararán de rir todo o tempo. Inclasificable.
O DETALLE: Os dous actores fan tódolos papeis, sexan humanos ou animais.

6.HUIDA DE TIJUANA 2 (2´)
Trailer delirante
DIRECCIÓN: Jorge Saavedra
ACTORES: Pepo Suevos
VAI DE: Unha parella, unha fuxida e un malo que os persigue. Se chegase a existir esta película ata igual facía boa taquilla. O caso é que se trata dun falso tráiler dunha peli que non existe.
O DETALLE: Efectivamente, un chega a pensar que debeu de ter existido a peli “Huida de Tijuana-1”

7.BLOQUEO (15´)
Traxicomedia burocrática.
DIRECCIÓN: Margheritta Morello
ACTORES: Rula, Marcos PTT
VAI DE: Unha rapaza queda de portas afóra coas chaves dentro da casa. A partir de aí empeza un labirinto burocrático tan delirante que, por veces, parece sacado da burocracia real.
O DETALLE: Os actores falan en linguas diferentes, galego, inglés ou italiano, pero todos se entenden.

 

ESPAZO MULTIUSOS

Espazo destinado a pezas que buscan novas vías de narración, desde o documental en plastilina á videodanza, pasando polo remontaxe en Súper 8.
Con proxección de Lili Films en directo, incluída. Consulta programa.

1.O CEO DO SÚPER 8 (32´)
DIRECCIÓN: Fernando Pujalte e Angel Rueda
VAI DE: Lili Films é unha productora que leva cinco anos rescatando as cintas caseiras de Súper 8 polos armarios de Galicia, onde atoparon auténticos tesouros. A partir desta aventura teñen montado outras pezas diferentes experimentando novas vías de narración como a “remontaxe”. Para eles, o ceo do Súper 8 está nos armarios.
O DETALLE: Proxectarán con auténtica máquina de Súper 8 en directo. Consulta programación.

2.HOMELESS, SEN TEITO (10´)
Documental social en plastilina
DIRECCIÓN: Diego Méndez
PRODUCIÓN: Micaela Sinde
VAI DE: Curta de animación, que segue os parámetros estéticos dos documentais sociais de investigación, neste caso abordando a problemática das persoas sen fogar.
O DETALLE: os protagonistas son bonecos, pero o drama percíbese coa mesma intensidade.
    
3.KATIUSKA (Os corpos agrícolas)
Videodanza agrícola
DIRECCIÓN: Antón Coucheiro, “Cou”
PRODUCIÓN: Xosé Díaz
ACTORES: Blanca Novoneira, Diego Anido, Ruth Balvis, Carolina Hernández, David Loira.
VAI DE: Experimento audiovisual, onde os personaxes son bailaríns profesionais, e actores e a narrativa tradicional é substituída por coreografías nas leiras e movemento sen diálogos.
O DETALLE: Interesante investigación arredor da mestizaxe das disciplinas artísticas

4.CAFÉS DE PAPEL (5´)
DIRECCIÓN: Manuel Macou
Coa COLABORACIÓN de: Mondotropo
ACTRIZ: Maguet
VAI DE: Cando es inmigrante e chegas a un país que non é o teu, o mundo é moi estraño, pero o mellor é non desesperar. Sempre pode chegar unha oportunidade.
O DETALLE: Non perdas detalle de como se move o mundo arredor dos actores. É un xeito de narrar moi peculiar, desde a primeira secuencia.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 14 de 114
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.