Bases para a presentación de curtametraxes 2010 PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de enero de 2010
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES AO VII FESTIVAL DE CANS 

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VII edición do Festival de Cans. 

As bases son as seguintes:  

1.    As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2008, 2009 ou 2010. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.  

2.    Establécense dúas categorías a concurso: 
a) curtametraxes de animación; 
b) curtametraxes de ficción. O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.   

3.    A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.  

4.    Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica: 
a) premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 € e Can de Pedra; 
b) premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 € e Can de Pedra; 
c) premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.000 € e Can de Pedra; 
d) premio do público á mellor curtametraxe de animación: 1.000 € e Can de Pedra; 
e) premio do xurado á mellor actriz: Can de Pedra; 
f) premio do xurado ao mellor actor: Can de Pedra.  

5.    As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2010 ao seguinte enderezo:Asociación Cultural ArelaAptdo. de Correos 232C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)  

6.    As curtametraxes enviaranse en formato DVD e acompañaranse dunha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG:
a) un fotograma;
b) un cartel.  

7.    Indicarase por escrito o nome da persoa ou entidade que recibirá o premio económico en caso de resultar gañadora nalgunha das categorías á que se presente.   

8.    As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do VII Festival de Cans, que se desenvolverá do 19 ao 22 de maio de 2010.

 

Asociación Cultural Arela
18 de xaneiro de 2010

 
Bases para a presentación de videoclips 2010 PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de enero de 2010
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO VII FESTIVAL DE CANS 

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na VII edición do Festival de Cans. 

As bases son as seguintes:  

1.    Os videoclips que se presenten deben ser de músic@s ou grupos galegos, ou de autor/a galeg@, realizados nos anos 2008, 2009 ou 2010.
  
2.    Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica: 
a) premio do xurado ao mellor videoclip: 300 € e Can de Pedra; 
b) premio do público ao mellor videoclip: 300 € e Can de Pedra.  

3.    Os videoclips deben enviarse en formato DVD antes do 15 de marzo de 2010 ao seguinte enderezo:Asociación Cultural ArelaAptdo. de Correos 232C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)  

4.    Indicarase por escrito o nome da persoa ou entidade que recibirá o premio económico en caso de resultar gañadora nalgunha das categorías á que se presente.  

5.    Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do VII Festival de Cans, que se desenvolverá do 19 ao 22 de maio de 2010.    

 

Asociación Cultural Arela
18 de xaneiro de 2010

 

 
Premio da Crítica 2009 PDF Imprimir E-Mail
lunes, 01 de junio de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

O Festival de Cans recibe o Premio da Crítica 2009 á mellor iniciativa cultural

O que non deu feito o tranvía, conseguiuno o festival. Cans chegou por fin a Mondariz-Balneario este sábado 30 de maio para recoller o Premio da Crítica 2009 ás iniciativas culturais. O xurado considerou o Festival de Cans merecente dun recoñecemento que antes recibiron o Museo do Pobo Galego, o Grupo Atlántica, a Revista Bravú, A Peneira e o Arquivo Histórico de Galicia, entre outros.
Premios da Crítica 2009: Foto de Alfredo Hernández

O xurado valorou do Festival de Cans “a frescura e orixinalidade permanente e a proxección interna e externa que ofrece aos produtos audiovisuais feitos en Galicia”. Ata Mondariz foron para recoller o premio Alfonso Pato, director do festival; Alicia Sánchez, veciña de Cans e veterana colaboradora; e César Lourido e Moisés Álvarez en representación da Asociación Cultural Arela, organizadora do evento. Aí os vedes na foto, contentos coma cucos.

Neste enlace podedes ver a lista completa de gañadores destes premios desde a súa creación en 1979:
Premios da Crí­tica Galicia

 
Créditos PDF Imprimir E-Mail
miércoles, 27 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

CRÉDITOS 
Dirección: Alfonso Pato
Coordinación da Produción: Tamara Blanco, Xosé Holgado, Carlos Méndez e Javi Pérez (Periféricos)
Coordinación actividades torreiro: César Lourido
Produción Zona Torreiro: Isaac Campos, Maxi Adega
Apoio á produción: Fin Campos
Comunicación: Tamara Blanco, Marta Pedrido
Zona de Información: Keka Losada, Yolanda González, María López
Tickets Bar: Andrea González
Coordinación actividades paralelas: Esme López, Moisés Álvarez
Deseño imaxe e cartelería: JD&JD
Edición e Montaxe vídeos: Marcos Losada
Guía apoio espectadores: Rafa González, Anxo Casal, Ismael Sousa, Lucía Campo
Relacións cos convidados: Abel Gallego, María Sotelo, María Domínguez
Guías roteiro da auga: Marta García, Carmen Pérez, Constante Romero
Condutores Chimpibuses: Pepe Puime, Toni Fortes, Silvino González, Lidio Carballo, Ángel Rodríguez, Serafín Campos, David Fernández, Feliciano Pumar, Diego Alonso
Deseño da web: José Ramón Romero
Persoal das salas: Manuel Lorenzo, Marta Pardo, Tere Neves, David Cadenas, Angel Castro, Fani Pérez, Fátima Sío, Santi Bastos, Taina Falcão, Roberto ÁlvarezCinema “Como cans e gatos”: Albino Alonso, Cato Pérez Rego
Fotografía: Luis Otero
Deseño do Can de Pedra: Paco Candán
Carpintería: Silvino González
Making off: Zoa Media
Produción técnica: Xestedec
Produción Son: Igmar
Montaxe e produción Bar: A Cova, Chimenea, Época, Wamba, Irish Bar
Carpa: Carpas Boente
Produción Can Parede: Tubulart Bar
Voluntarios Universidade de Vigo: Noelia Lage, Eva Menduíña, Lucía Blanco, Ana María Viña, Beatriz Lorenzo, Marcos García, Marta F. Pedrido, Alba Somoza, Rebeca Domínguez, Tania Lage, Noel Rodríguez, Alicia Díaz, Míriam Figueira, Beatriz Barros, Tania Fernández, Alba Salgado, Manuel Goyanes, Alba Sotelo, Melisa Pita, Lúa Gil, André Taboada, Silvia Martínez, Laura Pita, Lucía Calvo, Flavia Santos, Olalla López, Andel Campaña, Jessica Lamas, Andrés Gil, Borja García, Valentina Alonso, Almudena Gil, Milena Martínez, Yolanda Vaz, Daniel Pais 

AGRADECEMENTOS Pilar Comesaña, Marta González (Planeta Cine), Carlos Meixide (Onda Curta), Cisco Novo, Miguel Fernández (Miraxes), Raquel Fernández (Banda Curta), Shoot-me Festival La Haya, Festivalito La Palma, Festival da poesía do Condado, Bar Moncho, Bar Fortes, A Escola Vella (Dani Represas), Lar de Maximina, Pandereteiras de Cans, Don Ignacio (Cura de Cans), Rafa e Paz, Chelo e Tante, Mela e Juan, Mucha e Bugarín, Aurelia, Cris, Carpintero, Mucha e Suso, Alicia e Pedro, Pura e Moncho, Alberto e Carme, Sindo e Felisa, Fonso e Marisol, Mari e Silva, Mina e Serafín, a Mari da Carreira e Angel por deixarnos estar de okupas, e a todos os veciños e veciñas de Cans, por prestarnos a parroquia. Especialmente a Iñaki Teixeira.

 

 
Imaxes do festival VI PDF Imprimir E-Mail
lunes, 25 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Xa podes ver novas fotos do Festival de Cans VI.
Aquí

 
Gañadores 2009 Premios do público PDF Imprimir E-Mail
domingo, 24 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Premio do público á mellor curta de ficción:
URUGUAY 2030  de Rafa de los Arcos

Premio do público á mellor curta de animación:
THE WEREPIG de Sam Ortí

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 14 de 179
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.