O Festival de Cans multiplica as actividades

O Festival de Cans multiplica as actividades audivosuais, musicais e alternativas na súa edición máis completa

  • Ás 18 curtas e 14 videoclips a concurso, súmanse a estrea de dúas películas e dous documentais, e a creación dun espazo para curtametraxes innovadoras
  •  Por primeira vez entregaranse premios económicos, que en total superarán os 8.000 euros
  • O xurado estará formado por Nacho Vigalondo, Lidia Mosquera, María Castro, Roberto Villar, Rober Bodegas, Tatiana Rodríguez e Pedro Alonso
  • Ábrense tres salas novas, póñense á venda máis entradas e instáurase unha xornada máis de festival, o Día dos Veciños
  • Miguel Costas & La Banda Turca, Jesús Ordovás e Tony Lomba e Elio dos Santos entre a programación musical, que este ano estrea un novo formato: as performances acústicas no “Canastro Experience”
  • A sinalización dun roteiro de sendeirismo e a posta en marcha do proxecto de creación de curtas “Cans 303”, outras novidades destacadas da quinta edición

 

 
Juanma Bajo Ulloa no coloquio na leira

O Festival de Cans contará este ano coa presenza de Juanma Bajo Ulloa. O realizador vasco, director de filmes como Airbag, La madre muerta, Alas de mariposa e Frágil, participará o sábado o 24 de maio no “coloquio na leira”, presentado e acompañado por Manuel Manquiña. O festival ofrecerá ademais unha pequena retrospectiva con algunhas das curtametraxes que dirixiu Bajo Ulloa.

Ler máis...
 
As entradas: como e onde conseguilas

Polo pequeno tamaño das salas nas que se proxectan as curtas a concurso, o número de entradas á venda para o Festival de Cans é reducido. Este ano hai dúas formas de conseguir entradas: 480 venderanse o venres 16 de maio a partir das 20:00 horas no local parroquial de Cans. E disporemos a través da páxina web dun número limitado de 120 packs de entrada + camiseta, que se poderán reservar a partir do día 12 de maio. Nesta páxina explicámolo con máis detalle

.
 
Máis de 100 curtas e 30 videoclips

Rematou o prazo de recepción de curtametraxes e videoclips para o V Festival de Cans. Este ano recibimos algo máis de 100 curtametraxes, entre as producións de ficción, de animación e documentais, e uns 30 videoclips. Unhas cifras que demostran a importancia da produción audiovisual nestes formatos en Galicia.

 O festival superou as cantidades elevadas de curtas e clips recibidos o ano pasado, polo que estamos moi satisfeitos pola resposta dos creadores e creadoras galegos. Agora estamos inmersos no proceso de selección das obras que participarán nos distintos apartados do festival. En poucas semanas daremos a coñecer o resultado, estade atent@s á web...

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 14 de 21
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.