|
AS CARREIRAS SECRETAS (12´) |
|
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CUBERTO DE CHELO VAI DE: ¿Quen non quixo algunha vez atravesar o semáforo antes do que está ó lado? ¿ou contar máis rápido as baldosas das beirarrúas? ¿a que pensaches algunha vez que todo o mundo está tratando de competir contra ti en silencio? XÉNERO: Comedia existencial O DETALLE: Foi gravada polo director nunha estadía en Río de Janeiro. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CUBERTO DE CHELO VAI DE: Os contos de sereas ás veces poden chegar a confundirse coa realidade. Pero a realidade é moito mais dura que os contos infantís. XÉNERO: Drama fantástico O DETALLE: Atentos á cita na fábrica de conservas: unha secuencia moi potente. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CUBERTO DE CHELO VAI DE: É o día do cumpreanos do teu fillo, quedan dez minutos para que acabe a liga e o teu equipo, o Celta, vaise a segunda... pero ¿e se o resultado che pode cambiar a vida? A curta galega máis premiada no último ano. XÉNERO: Comedia futbolera O DETALLE: O man a man interpretativo entre Miguel de Lira e Carlos Blanco... coa voz de Pepe Domingo Castaño de fondo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CUBERTO DE CHELO VAI DE: Cun tipo que ten coma pasatempo gravar animaliños no seu móbil, a cousa non leva moi boas trazas. Pero, se coñece a unha rapaza que lle dea algo de “vidilla”, todo pode cambiar... ou non. XÉNERO: Sadismo adolescente O DETALLE: ¡Ata hai esceas acúaticas debaixo da Ponte de Rande! |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CASA DE PATO E CUBERTO DE ANTONIO VAI DE: Un tipo da tribo urbana dos “sinistros”, un friki dos videoxogos e unha tipa enganchada á astroloxía. Tres bechos raros que viven nun ecosistema que lles é hostil. O mundo está cheo de bechos raros que se cruzan contigo nas beirarrúas. XÉNERO: Comedia bechil O DETALLE: Fixeron a curta logo de que o guión gañase o premio do Festival Curtocircuíto. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CASA DE PATO E CUBERTO DE ANTONIO VAI DE: Un ionqui atraca unha gasolineira, e dentro hai unha parella repelente, unha nena empalagosa e un dependiente habituado ós atracos. Se ti tamén estiveses aí dentro... ¿como reaccionarías? XÉNERO: Comedia negra O DETALLE: Tiveron que pechar unha gasolineira varias noites para rodar a curta. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CASA DE PATO E CUBERTO DE ANTONIO VAI DE: Gañar un premio pode ser un golpe de sorte ou un modo de vida. Porque, para que vai un traballar se pode conseguir todo o que necesitas participando en concursos... XÉNERO: Comedia documental O DETALLE: Seguro que participaches nalgún dos moitos concursos e certames que aparecen na curta. |
|
Ler máis...
|
|
|
AS DÚAS VIDAS DE ERNESTO PENA (18´) |
|
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
CASA DE PATO E CUBERTO DE ANTONIO VAI DE: ¿E se un día che din que dentro de 2 minutos e 24 segundo vas deixar de existir? Pasoulle a Ernesto Pena, un tipo gris que traballaba de contable nun taller mecánico. Unha curta inclasificable que che provocará un sorriso piadoso. XÉNERO: Drama cómico-existencial O DETALLE: Descobre ó actor Augusto Suárez, ¿ou é de verdade un oficinista gris? |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
BAIXO DE MONCHO VAI DE: Dous personaxes singulares, un traxecto en tren e unha descarnada batalla psicolóxica sen palabras. Nunca un paquete de Donetes deu para tanto. XÉNERO: Comedia psicolóxica O DETALLE: Fíxate no actor Pedro Brandariz, un friki de presencia impactante. |
|
Ler máis...
|
|
|
AS COUSAS DO KULECHOV (21´) |
|
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
BAIXO DE MONCHO VAI DE: Galicia está en plena guerra mundial e nós sen enterarnos: as bateas son unha flota bélica, os hidroavións bombardeannos e a poboación civil fai cola nas festas gastronómicas coas cartillas de racionamento. Déixate manipular e, por unha vez, goza coa guerra. XÉNERO: Falso documental O DETALLE: Non perdas o remate da curta e verás con detalle tódolos “trucos” da gravació |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
BAIXO DE MONCHO VAI DE: Unha burguesa alcolizada, un amante un pouco bruto, e uns fillos que non soportan a estrambótica relación da súa nai. Retrato delirante dunha familia en proceso de descomposición. XÉNERO: Comedia familiar O DETALLE: Non perdas as esceas nas que a familia se reúne á hora de xantar. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Maio de 2007 |
|
BAIXO DE MONCHO VAI DE: Dúas persoas “rariñas” atópanse nunha estación de tren. El debuxa e ela non para de tecer. E claro, xorde un amor tímido. Pero hai un obstáculo que semella insalvable. XÉNERO: Drama mudo O DETALLE: A profundidade das miradas, que non precisan diálogos. |
|
Ler máis...
|
|