Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable O BUFÓN E A INFANTA (9') VAI DE: O pintor Velázquez disponse a pintar un lenzo no museo, e de súpeto o bufón enano foxe do cadro das Meninas. Para sorpresa do pintor, detrás del sae a infanta correteando e empezan unha brincadeira por todo o museo. XÉNERO: Fantástico O DETALLE: Nominado nos últimos premios Goya á mellor curta de animación. DIRECCIÓN E MONTAXE: Juan Galiñanes GUIÓN: Amaia Ruíz PRODUCIÓN: Manolo Gómez MÚSICA: Arturo Kress PRODUCIDO POR: Dygra Films ANO 2007 |
|
|
DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO (8') |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO (8') VAI DE: Don Señor é un tipo introvertido que vive pechado nunha habitación de onde só sae para pasear o seu can. Só unha cousa perturba ó protagonista: O home do soño. XÉNERO: Fantástico O DETALLE: Fíxate ben na curiosa técnica utilizada. DIRECCIÓN, GUIÓN E MONTAXE: Nacho Abia PRODUCIÓN: Daniel Froiz PRODUCIDO POR: Matriuska Producciones e Domovoi Dixital
ANO 2007 |
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable LEO (10') VAI DE: A derradeira actuación dun ventríluoco vello e enfermo, provoca que emerxan ó seu arredor as ambicións do seu axudante e, sobre todo, o que se converte na verdadeira estrela do espectáculo: o boneco Leo. XÉNERO: Drama en plastilina O DETALLE: Fíxate ben nos bonecos e nas súas voces, ¿recoñécelos? DIRECCIÓN, GUIÓN, PRODUCIÓN E DESEÑO DE PERSONAXES: Fernando Cortizo DIRECTORA DE ARTE: Isabel Rey PRODUCIDO POR: Artefacto Producciones ANO 2007 |
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable 1977 (8') VAI DE: Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena que busca a súa identidade. A directora mergúllase nos seus recordos de infancia no barrio de Caranza, en Ferrol. XÉNERO: Biopic experimental O DETALLE: Estivo seleccionada este ano no Festival de Cine Independente de Sundance, creado por Robert Reford. GUIÓN E DIRECCIÓN: Peque Varela ANIMACIÓN: Kaori Hamilton e R. Vetusto ANO 2007 |
|
|
A REVOLTA DOS MOUSES (20') |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable A REVOLTA DOS MOUSES (20') VAI DE: Lapis, tesoiras e ceras viven no bucólico mundo do debuxo a man sen se decatar de que moi cerca se está fraguando a revolución dixital: os mouses preparan o seu ataque letal. XÉNERO: Fantasía bélica en 3D O DETALLE: Non perdas a creatividade de recursos que despregan na batalla o deseño analóxico e o dixital. DIRECCIÓN, GUIÓN E MÚSICA: David Gen PRODUCIÓN EXECUTIVA: Xosé Manuel Abeleira PRODUCIDO POR: Theseus Films ANO 2007 |
|
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable MAN (8') VAI DE: Man vive á biera do mar, en paz coa natureza e consigo mesmo. Pero un día, ve no horizonte unha masa escura e amenazadora que avanza cara á costa. XÉNERO: Fantástico en 3D O DETALLE: A curta é unha homenaxe ao Alemán de Camelle, que morreu de pena trala catástrofe do Prestige DIRECCIÓN, GUIÓN E MONTAXE: Juan Carlos Abraldes PRODUCIDO POR: Ficción Producciones ANO 2007 |
|
|