|
Sábado, 16 de Maio de 2009 |
Ano 2009 / 8 min. Guión e dirección: Pancho Lapeña Producida por Control Z Produción executiva: Adriá Pino, Xacobe Sineiro, Quique Otero. Voces personaxes: Miguel de Lira,Víctor Mosqueira Sinopse: Dous clásicos do santoral galego, dous San Benitiños, o de Lérez e o de Paredes, vense en zarzados nunha liorta accidental, tratando de dar solución a un histórico debate nacional, ¿qué San benitiño é mais milagreiro, o de Lérez ou o de Paredes? O detalle: Fíxate no esquelete. Seguro que che resulta familiar. Estrea o seu periplo de festivais en Cans. |
| |
|
Sábado, 16 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 24 min. Director e Produtor: Jorge Morais Valle Guión: Silvia Pazos e Jorge Morais Valle Sinopse: Uns acantilados perdidos, unha mansión inhóspita, e un pintor maníaco que, co seu fiel axudante, non paran de buscar un remedio que poña fin ás implacables tempestades. Aínda por enriba, a casa está chea de pantasmas que retornan do pasado. ¿pero veñen axudar ou a sementar mais desconcerto? O detalle: Elixida mellor curta de animaciónnos Mestre Mateo´08. O seu director cociñou a curta el soíño: guion, son, montaxe, animación e o que fixese falta. |
| |
|
Sábado, 16 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 16 min. Guión e dirección: Sam Produtor: Ignacio Benedetti Produción Executiva: Xosé Zapata, Sam Sinopse: Un ano de sequía, un calor que derrete os paxaros, e dous americanos buscando un grolo de auga ó borde da deshidratación. Pero todo cambia cando atopan unha casa cunha vella parella de galegos. Parecen uns tipos afables e hospitalarios, pero non todo é o que parece…os galegos somos unha raza moi falsa!! O detalle: Descubre a forza da plastilina como un dos materiais mais gores do mundo. |
| |
|
Sábado, 16 de Maio de 2009 |
Ano 2009 / 12 min. Guión e dirección: Fernando Cortizo Producida por Artefacto Produción executiva: Isabel Rey Director produción: Rafael Toba Animación: Marcos Valín, María Monescillo, Manuel Rubio Decorados: María Hernaz, Cristina Acuña Música: Josh Rouse Sinopse: Mariano leva unha vida rutinaria: traballa na cociña económica e a súa única Ilusión é levarlle as sobras os seus únicos amigos: os gatos. Pero un día, os gatos deixan de serlle fieis, e cambiano por un tipo misterioso que parece ofrecerlle mellor comida. O detalle: Fíxate ben nos perfís, nas voces dos protagonistas, e na paisaxe urbana. Seguro que che recordan a algún actor e a algunha cidade que coñeces. |
| |
|
Sábado, 16 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 12 min. Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde Produtor: Pancho Casal Producida por Continental Producións e Algarabía Produtora executiva: Chelo Loureiro Música orixinal: Emilio Aragón Deseño de personaxes: Alfonso Costa Baseada nun relato de H.C. Andersen Sinopse: Fermosa adaptación do clásico de Hans Christian Andersen. Os xoguetes e as figuras deseñadas en plastilina cobran vida ata lograr unha historia que chegará a emocionarte. O detalle: O actor e director Emilio Aragón compuxo unha banda sonora digna de escoitar con atención. |
| |
|