Ficción 2009
ENTREVÍAS PDF Imprimir E-Mail
Venres, 15 de Maio de 2009
Ano 2009 / 8 min.
Dirección e guión: Edu Lavandeira
Actores: Federico Pérez, Santi Jul
Banda Sonora: Chus Silva
Sinopse: Se tes pensado suicidarte tirándote ó tren, estaría ben que pensaras nun seguro de vida. Xa sabes que os vendedores de seguros aparecen no lugar menos pensado, pero o problema é cando indagan nas razóns do suicidio… E cando se descubren os secretos mellor agochados do pasado recente.
Xénero: Comedia Ferroviaria
O detalle: Federico Pérez, o actor, é célebre polo personaxe de Josito en “Padre Casares”, na TVG.
 

entrevias 

 
O CAZADOR PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 22 min.
Dirección, edición e guión: Angel Santos Touza
Sobre un relato de A. Chejov
Produción: Daniel Froiz
Actores: Lois Soaxe, Marta Pazos
Producido por Matriuska
Sinopse: Dous actores soben a un escenario baleiro para traballar construíndo unha historia e dous personaxes, o dun cazador e unha campesiña. Pero os dous se atopan co pasado dunha relación que levan ás costas.
Xénero: Semi-experimental
O detalle: Para amantes da imaxe con poucas palabras e do cine profundo.
 

O Cazador 

 
URUGUAY 2030 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2009 / 8 min.
Dirección e guión: Rafa de los Arcos
Actores: Henar Jiménez, Edgar Blanco, Rosa Aguado
Produción: Bernat Manzano
Producida por Escándalo Films
Sinopse: Unha moza na idade do pavo con dous pretendientes, un banco nun parque e unhas nais implacables que pisan os talóns de cerca. Estamos en Uruguai 2030 e calquera cousa que vaia pasar non é previsible excepto botar unhas boas risas.
Xénero: Comedia
O detalle: O director da curta é o vigués Rafa de los Arcos, músico do grupo Manos de Topo.
  

Uruguay 2030 

 
SULFATO PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 8 min.
Dirección e guión: Abelardo Rendo
Producido por Senunpesoealoloco
Baseado nun relato de Paula S.Vicente
Actores: Berta Barcia, Xandre Rendo
Sinopse: Unha historia sobre a importancia das cousas pequenas, e sobre os anacos demaxia que de cando en vez nos regala a vida, e nos dan folgos para debuxar un sorrido e continuar.
Xénero: Melodrama sulfítico
O detalle: Pensa en canta poesía pode haber nun caldeiro de sulfato!

Sulfato 

 
12007 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2009 / 18 min.
Dirección e guión: Diego Torres
Baseado: nun relato de Rafael Dieste
Actores: Xosé María Tanas, Xosé Manuel Esperante
Produtor Executivo: David Alvariño
Xefe Produción: Manuel Alvariño
Dirección fotografía: J.L. Martínez Díaz
Sinopse: Un científico mesiánico atopa un homeless tirado na rúa, e faino prisioneiro dos seus experimentos. Pero as cousas, a veces pode que non vaian según o previsto.
Xénero: Ciencia- Ficción
O detalle: Hai un animal que te sorprenderás ó velo na curta.

12007 

 
QUERES SER DIRECTOR DE CINE? PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2009 / 17 min.
Director: Senín Porto
Guión: Martín de Soto
Actores: Alberto Rolán, Vicente de Souza,Bárbara Grandío, Berta Lema
Sinopse: Ser director de cine esixe pagar certas peaxes. Empezar é duro, pero podes intentalo facendo algún cursiño, aínda que haxa moito tarado dando clases. E non te comas o tarro pensando que á túa idade Orson Welles xa fixera Ciudadano Kane.
Dirección artística: Seara
Son: Cristina Morquillas
Produción: Martín de Soto, LeticiaMiranda, Senín Porto
Xénero: Comedia cinefílica
O detalle: Diálogos graciosos e cargados de referencias cinematográficas.

Queres ser director de cine 

 
VELLAS PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 6 min.
Dirección e guión: Carlos Prado
Actrices: Amalia Touriño, Aurora García
Montaxe: David González
Sinopse: Malita e Aurita son dúas septuaxenarias, que son veciñas,comparten tarefas no campo e empezan a ter unha amistade demasiado íntima. Ata que un percance se cruza nas súas vidas. Será para ben ou para mal? Unha curta tenra, emotiva, e para ver cun sorriso.
Xénero: Comedia dramática
O detalle: A protagonista é a propia avoa do director. Fíxate nos traballos do campo, rodados como se fosen performances.

Vellas 

 
MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 10 min.
Dirección, guión e montaxe: Rubén Coca
Actores: Marta Larralde, Xoel Fernández,Rubén Riós, Fusa Guillén,Alex Neira,Lourdes San Martín
Fotografía: Sergio Franco
Xefe de Produción: César Pardinas
Producido por Coca P.C.
Sinopse: Andrea é unha moza que vive unha rutina laboral e sentimental, pero un día acontece algo inesperado. A veces os recordos do pasado poden cambiar a túa vida.
O detalle: Nominada ós Mestre Mateo ámellor curta de ficción.
 

Mínimo Común Múltiplo 

 
X NADA PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2009 /14 min.
Dirección: Dani de la Torre e Toni Veiga
Guión: Toni Veiga, Manolo Dios
Actores: Carlos Fernández, Miguel García, Xavier Estévez, María Salgueiro,
Sinpose: Ser un malote de barrio, ter unha pandilla e facer gamberradas, pode ter a súa gracia. Pero a veces as gamberradas pásanse de voltas. Móbiles, violencia xuvenil e youtube, unha combinación á orde do día.
Producida por Ficción Producións.
Xénero: Drama de malotes
O detalle: Fíxate nas secuencias de acción.
 X Nada
 
BILINGÜE PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2008 / 18 min.
Dirección e guión: Cecilia Perolio
Actores: Arantza Vilar, Marcos Correa
Dirección de fotografía: Olmo Couto
Dirección artística: Sandra Varela
Montaxe e Posprodución: Joserra Lorenzo
Sinopse: Unha porta que se abre é tamén unha atracción nova que pode xurdir. Pero que pasaría se non fósemos capaces de expresar o que sentimos?Xénero: Comedia soñadora.

 Bilingüe

 
POR LA MAÑANA PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009

Ano 2009 / 12 min.
Dirección e guión: Toño Chouza
Actores: Georgina Amat, Xavier Pàmies
Director de fotografía: Andreu Vidal
Sinopse: Un actor vive coa súa moza e o tren que o vai levar de xira está a piques de saír. Entretanto, a moza fuchica na maleta e atopa algo que non debería de atopar. O lío está montado. Unha historia sinxela, cotidiana e dunha tensión inquietante. Producido por Fungo cooperativa
Xénero: traxicómico
O detalle: Foi feita cun presuposto de 20Euros!

 Por la mañana

 
CAMPÁS PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 16 de Maio de 2009
Ano 2009 / 14 min.
Dirección: Jairo Iglesias
Produción Executiva: Mikel Fuentes
Actores: Xosé Barato, Vicente de Souza,Fernando Morán, Isabel Blanco, BelénConstenla.
Sinopse: 1937. Galicia.
Fernando, médico da vila, acompaña a Manuel e Antón, Republicanos, ao interior de Galicia, onde hai poboación e soldados feridos por mor da Guerra Civil.
Polo camiño Antón comeza a lanzar pedras contra as campás das igrexas. Fernando e Manuel non comprenden o porqué, pero saben que de seguir así, rematarán metidos nun problema.
Xénero: Drama
O detalle: A curta forma parte dunha triloxíado director sobre historias da Guerra Civil.

 Campás

 
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.