|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
Ano 2009 / 6 min. Dirección e guión: Ismael González Producido por A Rebelión do neno labrego Sinopse: Un grupo de aguerridos piratas do século XXI deciden invadir a Illa de Toralla, e acabar dunha vez con esta aberración arquitectónica en plena Ría de Vigo. Xénero: comedia corsaria O Detalle: Non perdas o despriegue de efectos especiais. |
| |
|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 10 min. Dirección e guión: Xurxo González Sinopse: Un par de mariñeiros xubilados da Guarda, deciden okupar unha leira á beira domar, e atiborrala de botes de plástico tuneados, que acaban funcionando como pequenos muíños de vento. Sen querelo,acaban facendo unha instalación digna de estar no Gugenheim. ¿Qué foi o que os levou a montar este tinglado? Descúbreo. Xénero: docu-performance O detalle: Fíxate que ben compoñen as cores dos botes. |
| |
|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 14 min. Dirección: Fran Calvelo Producido por PerroVerde Filmes Actores: Eloy Azorín, Sheyla fariña marsande Sinopse: Santiago é a única cidade que alberga de xeito secreto unha prisión para vampiros. O vampiro Gabriel cumpre unha longa condena celebrando festas clandestinas e torturando a rapazas, ata que no seu camiño se cruza Eva. Xénero: sanguíneo O detalle: Fíxate na atmosfera que logra crear. | | |
|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
Ano 2008 / 6 min. Dirección, guión e interpretación: Xavier Marqués Sinopse: Todo o mundo merca nas mesmas tendas e todas pertencen ó mesmo dono, un tal don Amancio. Hai que pararse e reflexionar: estamos posuídos e está nanulando a nosa identidade. Será boa idea poñer unha bomba e rematar co monopolio do pensamento textil único? Xénero: Comedia Inditéxica. O Detalle: Fíxate ben na foto dos Tonechos. Herexía!! |
| |
|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
Dirixida por Jorge Saavedra
Curtametraxe do proxecto Cans 303
| | |
|
Gañadores concurso videoclips |
|
|
|
|
Luns, 18 de Maio de 2009 |
GAÑADORES CONCURSO DE VIDEOCLIPS
Videoclip Premio do Público Videoclip Premio do Xurado | | |
|
John Balan, detrás da porta |
|
|
|
|
Mércores, 20 de Maio de 2009 |
JOHN BALAN,DETRÁS DA PORTA Ano 2008 / 20 min. Dirección: Lara Bacelo Actores: Tonhito de Poi, Rubén Aramburu,Miguel de Lira Sinopse: Interesante documental sobre unartista singular: John Balan, o home orquestrado Seixo. No docu retrátase a un inimitable tocador de portas e un concebidor de sons musicais só coa súa boca, pero tamén se intenta resolver unha intrigante cuestión: ¿quen comeu as peras do cementerio?. Ollo,que hai sorpresas. | | |
|
Mércores, 20 de Maio de 2009 |
A MIÑA CASA É UN INFERNO Ano 2008 / 16 min. Dirección: Diego Méndez Produción Executiva: Micaela Sinde, DiegoMéndez Guión: Manu Méndez Sinopse: Interesante traballo sobre a violencia de xénero, que mostra o dramatismo que se pode chegar a conseguir,cunha técnica que mestura a animación de plastilina e as declaracións de personaxes reais. Con sorpresas. |
| |
|
Mércores, 20 de Maio de 2009 |
BATA POR FÓRA (Muller por dentro) Ano 2008 | 18 min. Dirección e guión: Claudia Brenlla Xefa de Produción: María Fernández Producido por Laturmadocus Sinopse: Para a artista austríaca Petra Buchegger,Galicia é “Eldorado” das batas, esa peza cruzada estilo “casual”, que arrasa entre as mulleres galegas,e polo que se ve, tamén en diferentes partes do mundo. A bata é un símbolo que une ás mulleres do mundo. Unha reflexión simpática e interesante. |
| |
|