|
Máis Cans en Internet: blog, Youtube e Myspace |
|
|
|
|
Domingo, 18 de Maio de 2008 |
|
A quinta edición do Festival de Cans está xa cerca. Comeza en Cans (O Porriño) o mércores 21 de maio e desenvolverase ata o sábado 24, pero xa se pode gozar en Internet. O festival aposta este ano polos contidos propios e aumenta a súa presenza na Rede cun blog propio , unha canle en Youtube e unha páxina en Myspace. |
|
Ler máis...
|
|
O Festival de Cans multiplica as actividades |
|
|
|
|
Xoves, 01 de Maio de 2008 |
|
O Festival de Cans multiplica as actividades audivosuais, musicais e alternativas na súa edición máis completa Ás 18 curtas e 14 videoclips a concurso, súmanse a estrea de dúas películas e dous documentais, e a creación dun espazo para curtametraxes innovadoras Por primeira vez entregaranse premios económicos, que en total superarán os 8.000 euros O xurado estará formado por Nacho Vigalondo, Lidia Mosquera, María Castro, Roberto Villar, Rober Bodegas, Tatiana Rodríguez e Pedro Alonso Ábrense tres salas novas, póñense á venda máis entradas e instáurase unha xornada máis de festival, o Día dos Veciños Miguel Costas & La Banda Turca, Jesús Ordovás e Tony Lomba e Elio dos Santos entre a programación musical, que este ano estrea un novo formato: as performances acústicas no “Canastro Experience” A sinalización dun roteiro de sendeirismo e a posta en marcha do proxecto de creación de curtas “Cans 303”, outras novidades destacadas da quinta edición
|
|
|
Juanma Bajo Ulloa no coloquio na leira |
|
|
|
|
Xoves, 01 de Maio de 2008 |
|
O Festival de Cans contará este ano coa presenza de Juanma Bajo Ulloa. O realizador vasco, director de filmes como Airbag, La madre muerta, Alas de mariposa e Frágil, participará o sábado o 24 de maio no “coloquio na leira”, presentado e acompañado por Manuel Manquiña. O festival ofrecerá ademais unha pequena retrospectiva con algunhas das curtametraxes que dirixiu Bajo Ulloa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Máis de 100 curtas e 30 videoclips |
|
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo de 2008 |
|
Rematou o prazo de recepción de curtametraxes e videoclips para o V Festival de Cans. Este ano recibimos algo máis de 100 curtametraxes, entre as producións de ficción, de animación e documentais, e uns 30 videoclips. Unhas cifras que demostran a importancia da produción audiovisual nestes formatos en Galicia. O festival superou as cantidades elevadas de curtas e clips recibidos o ano pasado, polo que estamos moi satisfeitos pola resposta dos creadores e creadoras galegos. Agora estamos inmersos no proceso de selección das obras que participarán nos distintos apartados do festival. En poucas semanas daremos a coñecer o resultado, estade atent@s á web... |
|
|
Chete Lera, premio de honra Pedigree'08 |
|
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo de 2008 |
|
O Festival de Cans quere un ano máis recoñecer a unha figura do audiovisual galego que destaque por ter unha traxectoria ampla e brillante e na que se distinga o seu apoio persoal e profesional ás curtametraxes. Nesta quinta edición, o gañador do Premio de Honra Pedigree'08 é o actor Chete Lera. |
|
Ler máis...
|
|
|
Este ano, premios con dotación económica |
|
|
|
|
Luns, 25 de Febreiro de 2008 |
|
Atención curtametraxistas! Este ano, os premios do festival tamén teñen dotación económica. Será para os premios que o xurado outorgue á mellor curta de ficción e a mellor curta de animación. Cada unha delas levará, ademais do Can de Pedra, un premio de 1.500 euros. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 15 - 28 de 34 |