Novas
Proxección do filme "De bares" PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 09 de Maio de 2007

O Festival de Cans e a Biblioteca Municipal do Porriño proxectan este xoves o filme “De bares”, coa presenza do director Mario Iglesias

O PORRIÑO, 8 DE MAIO DE 2007

Ler máis...
 
Ampliación de programación PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 09 de Maio de 2007

O IV Festival de Cans proxecta 26 curtas galegas e amplía a programación coa estrea de dúas longas, o concurso de videoclips, a “Can Parade” e o “Coloquio na leira” con Tristán Ulloa

Celébrase do xoves 24 ao sábado 26 de maio. As entradas póñense á venda o mércores 16. Increméntase o número de actividades de acceso libre

O PORRIÑO,  5 DE MAIO DE 2007

Ler máis...
 
Selección de longametraxes PDF Imprimir E-Mail
Martes, 08 de Maio de 2007

O Festival de Cans e a Biblioteca Municipal do Porriño ofrecen un ciclo que presenta unha selección de longametraxes compostas por pezas curtas

Comeza este xoves con “11 de setembro”, seguirá o día 10 con “De bares” que presentará o propio Mario Iglesias, e pecharase o 31 con “Coffee and Cigarettes”

O PORRIÑO, 2 DE MAIO DE 2007

Ler máis...
 
A cuarta edición do Festival de Cans xa rematou! PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 19 de Abril de 2007

Recollimos as alfombras (vermellas e azuis) que enmoquetaban os camiños, desmontamos os asentos (tablóns por un lado, caixas de cervexa por outro), descolgamos as pantallas e os galpóns, cubertos, baixos, bodegas volveron ser o que eran. Os chimpíns deixaron de carrexar veciñ@s, cinéfilos, cineastas, espectadores, famosos, nenos e nenas, e volveron ao seu: a herba e o abono.

Na Asociación Cultural Arela, que organizamos este festival, estamos moi contento co resultado do Cans IV. Calculamos que arredor de 4.500 persoas se pasaron polo festival entre o mércores e o sábado. E o que é máis importante, cremos que os que estiveron pasárono ben.

Proxectamos 26 curtas cun nivel medio de calidade moi alto, algo que fala ben do cine galego e os seus/súas nov@s realizador@s. Estreamos unha longametraxe dun cineasta porriñés (“Abrígate”, de Ramón Costafreda), un thriller de animación con cacahuetes (“Gritos en el pasillo”) e un documental (“Só concertinas”). Cremos que acertamos co programa de actuacións musicais, e que o público gozou con The Ellas, a sesión de Juan de Pablos, os Bravos de São Vicente, a Turres Band, Tony Loba & Elio dos Santos e os Festicultores.

Visitáronnos figuras do audiovisual galego e español, con apelidos como Ulloa, Reixa, Gutiérrez, Manquiña, Carballal, Fábregas, de Lira, Blanco (H), Blanco (M), Delgado, Mosqueira, Tosar e un longo etcétera. Tivemos visitas chegadas de lugares como México, Holanda, Brasil e Core. Fixemos contactos interesantes con algún outro festival europeo e pronto sairá unha reportaxe sobre o festival nun dos xornais máis importantes de Sudamérica.

E puxemos en marcha seccións novas que chegaron para quedarse. O coloquio na leira, no que escoitamos a Tristán Ulloa no espazo acolledor da leira de Alicia. A Can Parade, quince propostas sobre o can do festival da man de moz@s artistas porriñes@s. E o concurso de videoclips, doce recreacións audiovisuais de temas do último pop-rock galego.

Isto foi todo. Se estiveches no IV Festival de Cans, agardamos que o pasaras ben e aquí che propoñemos uns enlaces para que non te esquezas do que foi. E se non estiveches, bótalle un vistazo aos enlaces para ver se che entran as ganas e o ano que vén te animas.

 

Lista de enlaces para coñecer/lembrar o festival:

Tres  cousas novas:


E o que xa tiñamos colgado
  • A nosa galería de fotos, por Fátima R.Sío
  • No apartado enlaces poderás ver videos colgados na web.
  • Elianinha pasou 5 días en Cans e convertiuse na mellor cronista do festival para Xeracion.com .
  • E navegando pola Rede atopamos varios blogs con referencias ao Festival de Cans. Indicámosvos os enlaces de doce deles: 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , 6 , 7 , 8 , 9 , 10 , 11 e 12 .

Isto é todo. Grazas, e vémonos no quinto!!! 

 

 
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 18 de Abril de 2007

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

Ler máis...
 
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 20 de Xaneiro de 2007

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 29 - 34 de 34
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.