Oficina de Prensa
Gañadores 2009 Premios do xurado PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 23 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 9 

Por nada” e “O pintor de ceos” mellores curtas de ficción e animación, respectivamente 

O VI Festival de Cans de xa ten os premiados do xurado. O filme “Por nada” de Dani de la Torre gaña o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe no VI Festival de Cans. O xurado escolleu este traballo “por ser unha peza na que todos os elementos dunha curtametraxe están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo...”. A seleccionada como mellor curta de animación polo xurado foi “O pintor de ceos” de Jorge Morais, neste caso “por crear un mundo propio nunha curta na que cada plano está traballado ao límite”.

 
Premiados III concurso de videoclips PDF Imprimir E-Mail
Venres, 22 de Maio de 2009
NOTA DE PRENSA 8

O grupo baionés Niño y Pistola e Manos de topo (Vigo/Barcelona) foron os primeiros premiados no Festival de Cans deste ano, concretamente no III Concurso de Videoclips. Ao remate da presentación das propostas musicais participantes na noite de onte, xoves 21de maio, o xurado -formado por César Strawberry (Def con Dos), Luis Pardo(presentador do programa Banda Curta da TVG) e Chema Rey (do programa El Bulevar de Radio 3)- deu a coñecer a súa escolla: o videoclip do tema “Gone to Liverpool” de Niño y Pistola. Pola súa parte, o público seleccionou como mellor videoclip o da canción “Es feo” de Manos de topo, resolución que se coñeceu hoxe tralo reconto das votacións. Os dous traballos poderán volver verse no Jalpón Friki (Jalpón de Alicia), de acceso libre, ao longo da tarde de mañá sábado. Ademais, participaron no III Concurso de videoclips do Festival de Cans outros doce grupos: Sr. Anido, The blows, Quant, Ragdog, Catpeople, Forraje, Silvia Superstar, Aphonic, Daga de 2 puntas, Stereotipos, Quant e Igloo.
 
Convocatoria Venres PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 21 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 7

VENRES 22 DE MAIO
ÁS 18.00 H.
DIANTE DO HOTEL INTERNACIONAL (O PORRIÑO)
FOTO DOS MEMBROS DO XURADO E DO PREMIO DE HONRA PEDIGREE'09


Para máis información, contactade con Tamara Blanco (692164469) ou Moisés Álvarez (625204119).

 
Por fin... comeza o Festival de Cans! PDF Imprimir E-Mail
Martes, 19 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 6

Enviámosvos unha nota na que falamos da programación, dos cortes de tráfico que faremos en Cans o venres e o sábado e, principalmente, da última actuación musical confirmada: o venres teremos a KIKO VENENO de cabeza de cartel.

 
Coloquio na leira PDF Imprimir E-Mail
Martes, 12 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 5 

O cineasta Martín Cuenca protagonista do “Coloquio na leira” do VI Festival de Cans

O director de “La flaqueza del Bolchevique”, “Malas Temporadas”, ou do recente documental sobre a figura de  Carrillo, estará presentado por Antonio Durán “Morris”

Un ano máis, o Festival de Cans inclúe na súa programación o “Coloquio na leira” que nesta edición terá como protagonista a Manuel Martín Cuenca, director de filmes como “La flaqueza del bolchevique” , “Malas Temporadas” ou o documental “Carrillo, último testigo” que ven de ser presentado no Festival de Málaga, e que está sendo proxectado nos cines. Martín Cuenca estará acompañado de Antonio Durán “Morris” actor co que traballou varias veces e xuntos abrirán o coloquio sobre se “¿de verdade se pode dirixir ós actores?” . Martín Cuenca é un cineasta cunha ollada diferente e está considerado un especialista na dirección de actores. As súas ordes traballaron en diversas películas actores da talla de Luis Tosar, Javier Cámara, María Valverde ou Leonor Watling.
Manuel Martín Cuenca

 
Resumo presentación Festival de Cans VI PDF Imprimir E-Mail
Venres, 08 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 4

O Festival de Cans presentou este mediodía a súa sexta edición e deu a coñecer algunhas das caras coñecidas que pasarán polo festival entre as que estarán o monolguista e director de cine Luis Piedrahita, o xornalista Gonzo, a escritora Lucia Etxebarría, que presentará unha curta que partiu dun relato seu, ou o cantante de Def con dos, Cesar Strawberry,entre outros. Ademais destes convidados o festival tamén contará coa presencia de moitos outros actores galegos como Manuel Manquiña, Tete Delgado, que debutará co seu novo grupo, Celia Freijeiro ou María bouzas. 

A presentación do festival tivo lugar no Bar Fortes de Cans onde se adiantou a programación desta edición que terá lugar do 20 ó 23 de maio. Na rolda de prensa estiveron presentes Raúl Francés, Alcalde do Porriño; Cecilia Babarro, Directora de Comunicación de Estrella Galicia; Carla Reyes, Xerente do Cluster do Audiovisual Galego, Camila Bossa, “Chimpín de Prata 09”; Silvino “Chimpín de Prata 09”; Alfonso Pato, director do festival e Maxi Adega, en representación da Asociación Cultural Arela.

Se queres ver algunhas fotos da presentación pincha aquí.

 
VI Festival de Cans – CONVOCATORIA ROLDA DE PRENSA PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 07 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 3

VENRES,08 DE MAIO
BAR FORTES (Cans, O Porriño)

 12.00h Presentación Prensa VI Festival de Cans

Darán a  rolda de prensa:

Alfonso Pato, director do festival
Maxi Adega, en representación da Asociación Cultural Arela
Raúl Francés, Alcalde do Porriño
Cecilia Babarro, Directora de Comunicación de Estrella Galicia
Carla Reyes, Xerente do Cluster do Audiovisual Galego
Camila Bossa, actriz galardonada cun dos “Chimpíns de Prata 09”
Representante da Consellería de Cultura 
Representante do Xacobeo

 

Ademais, estarán presentes:

Silvino, o carpinteiro veciño de Cans premiado este ano co outro “Chimpín de Prata 09” pola súa colaboración co festival elaborando as pantallas de proxección
Pepe Puime, veciño de Cans, co seu chimpín
Paco Candán. O deseñador do Can de Pedra que se entrega como premio no festival amosaranos o trofeo desta edición

Na rolda de prensa presentarase a programación do festival e das actuacións musicais, o xurado, e destacaranse as novidades respecto doutros anos.

Rogamos confirmedes a vosa asistencia no mail Este enderezo de correo electrónico está protexido contra los robots de spam. Necesitas ter Javascript activado para poder verlo ou no tfno. 692164469
 
Galardón Premios da crítica 2009 PDF Imprimir E-Mail
Luns, 04 de Maio de 2009

NOTA DE PRENSA 2

AVANCE PRESENTACIÓN DE PRENSA 

Recordamos que o próximo venres, 8 de maio, terá lugar en Cans (O Porriño, Pontevedra) a presentación do VI Festival de Cans coa presencia da organización e dalgún dos protagonistas da edición deste ano. Nos próximos días enviaremos máis información. Se precisas algún dato máis, podes entrar na web www.festivaldecans.com ou contactar con Tamara Blanco no tfno. 692164469

 
Xavier Villaverde premio pedigree cans09 PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 25 de Abril de 2009

Benvido á Oficina de Prensa virtual do Festival de Cans!
Este é un espacio dirixido a xornalistas ou persoas relacionadas cos medios de comunicación,estean ou non na nosa base de datos. A idea é que sexa un método complementario ó envío de notas ós medios tradicionais . Aquí atoparás toda a información oficial do festival e  tentaremos que sirva de ferramenta para eses momentos de traballo nos que andaremos a mil. Esperamos que sexa un lugar cómodo e práctico!  
Se queres preguntar ou aportar algo, podes contactar con nós no número de tfno. 692164469

Xavier Villaverde
 
 
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.