Principal
Inicio
Novas
De que vai
Proxeccións
Programa
Máis que cine
Entradas
Xurado e premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta connosco
Área privada
Últimas Novas
Benvidos ó Festival de Cans

Benvida 

Os días 25, 26 e 27 de maio, tódolos focos volven apuntar a Cans, no concello do Porriño (Pontevedra), a aldea máis cinematográfica de Galicia. ¡Chega o Festival de Cans!

Unha cita inescusable no calendario festivaleiro galego, o lugar idóneo para coñecer as mellores curtas realizadas no país e gozar das marabillas dunha aldea que se volca co festival: pendellos, galpóns e adegas que se converten en salas, unha rede de chimpibuses para transportar aos espectadores, alfombras vermellas por medio dos camiños, unhas racións xeitosas de boa música e o aroma indaudito das veigas en época de labranza.
Un ambiente especial que se resume nun novo concepto made in Cans: o agroglamour. Un contrapunto divertido e autóctono ao simple glamour que eses mesmos días nos chega dende Cannes. Unha oportunidade única para que todos aqueles que non teñen un traxe de Christian Dior ou de Armani co que pasear por La Croisette veñan lucir camiseta e vaqueiros ao festival máis divertido deste e do outro lado do Padornelo. Non o penses máis, aquí está o teu sitio: ven ao Festival de Cans.
 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.