Principal
Inicio
Novas
De que vai
Proxeccións
Programa
Máis que cine
Entradas
Xurado e premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta connosco
Área privada
Últimas Novas

V FESTIVAL DE CANS
DO 21 AO 24 DE MAIO DE 2008
EN CANS (O PORRIÑO)

Atención, curtametraxistas!

Este ano, os premios do festival tamén teñen dotación económica. Será para os premios que o xurado outorgue á mellor curta de ficción e a mellor curta de animación. Cada unha delas levará, ademais do Can de Pedra, un premio de 1.500 euros. 

 

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES AO
V FESTIVAL DE CANS

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección na V edición do Festival de Cans.
As bases son as seguintes:

1.As curtametraxes que se presenten deben ser producións galegas dos anos 2006, 2007 ou 2008.
2.Admítense curtametraxes de ficción, documentais e de animación feitas en Galicia ou dirixidas por directores/as galegos/as.
3.A duración non superará os 25 minutos.
4.As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2008 á seguinte dirección:

Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)


5.As curtametraxes enviaranse en DVD e acompañaranse dos datos de contacto, unha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG: a) un fotograma; b) un cartel.
6.As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas no V Festival de Cans, que se desenvolverá do 21 ao 24 de maio de 2008.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.