Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Juanma Bajo Ulloa no coloquio na leira
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

O Festival de Cans contará este ano coa presenza de Juanma Bajo Ulloa. O realizador vasco, director de filmes como Airbag, La madre muerta, Alas de mariposa e Frágil, participará o sábado o 24 de maio no “coloquio na leira”, presentado e acompañado por Manuel Manquiña. O festival ofrecerá ademais unha pequena retrospectiva con algunhas das curtametraxes que dirixiu Bajo Ulloa.

A quinta edición do Festival de Cans de curtametraxes, que se desenvolverá en Cans (O Porriño) do 21 ao 24 de maio, acolle por segundo ano a celebración do “coloquio na leira”. Este coloquio realizarase ao aire libre na leira de Alicia, un espazo inmellorable que quere servir de punto de encontro do público amante do cine con directores recoñecidos, que se identifican cun cine independente e que arrancaron a súa carreira coa realizacion de curtametraxes. Ese é o caso de Bajo Ulloa, que en 1990 obtivo con El reino de Víctor o Goya á mellor curtametraxe na primeira ocasión na que se outorgaba o premio nesta categoría.

O coloquio desenvolverase na mañá do 24 de maio. Juanma Bajo Ulloa tomará o relevo a Tristán Ulloa, que o ano pasado conseguíu reunir a máis dun centenar de persoas na leira de Alicia. O director vasco estará acompañado por Manuel Manquiña, que traballou ás súas ordes en Airbag. O seu papel naquel filme abriu o camiño á proxección fóra de Galicia dunha xeración de actores e actrices galegos nos seguintes anos e ata a actualidade.No jalpón de Alicia proxectaranse unha selección das curtametraxes dirixidas por Bajo Ulloa.

Un director irreverente

Juanma Bajo Ulloa é un dos directores do cine español actual cunha traxectoria máis arriscada e independente. Nacido en Vitoria-Gasteiz en 1967, desde neno está apegado ao audiovisual. Na adolescencia comeza ao rodar en Super-8. Roda varias curtas e mediametraxes ata que en 1990 hipoteca a súa casa para dirixir a súa primeira longametraxe: Alas de mariposa (1991). Con este filme logra a Concha de Ouro á mellor película en San Sebastián, ao que seguirán outros premios en festivais internacionais. Ao ano seguinte inicia a rodaxe de La madre muerta, que xunto co seu filme anterior o confirman como o primeiro dunha fornada de novos directores que se darían a coñecer nos ao gran público na década dos 90.

En 1997 estreouse Airbag, unha disparatada, divertida e agresiva road movie que consegue un record histórico de recadación no cine español, con máis de 2,1 millóns de espectadores. Embárcase logo na escritura xunto co seu irmán Eduardo da película de aventuras Capitán Trueno, que abandona por diferencias coa produtora.

Ata 2005 non se estrea a que é a súa última longametraxe, Frágil. Pero polo medio queda unha longa listaxe de proxectos en diferentes campos, entre os que se atopan a realización de spots publicitarios e outros traballos para televisión, o espectáculo multimedia Pop Corn e a dirección de videoclips para grupos como Barricada, Joaquín Sabina, Los Enemigos, Golpes Bajos e Su Ta Gar.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.