Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Cans 2008: Xurados e premios Xurado de curtametraxes Nacho Vigalondo: Director, actor e guionista. Nominado ao Oscar en 2004 pola curta “7:35 de la mañana”, tamén dirixiu a longametraxe “Los cronocrímenes”. Tatiana Rodríguez: Guionista, nominada ao Goya en 2008 xunto a Iciar Bollaín polo guión de “Mataharis”. Pedro Alonso: Actor, coñecido por ser o protagonista da serie televisiva “Padre Casares”. Rober Bodegas: Guionista e monologuista, gañador do concurso de TVE “El rey de la comedia”. María Castro: Actriz, deuse a coñecer en Galicia por “Platos combinados” e acadou gran popularidade polo seu papel na serie “Sin tetas no hay paraiso”. Roberto Vilar: Actor e guionista, coñecido popularmente polo seu papel en “Os Tonechos”. Lidia Mosquera: Directora, produtora e guionista. Dirixiu “La noche más corta”, “La hora wiki” e “Cuatrosfera”. Actualmente é responsable de contidos multimedia do canal Cuatro.
Xurado de videoclips Jesús Ordovás: Durante 25 anos dirixiu e presentou o mítico programa “Diario Pop” en Radio3. Tamén dirixiu “iPop” en TVE e foi comisario da exposición “Videoclips en España (1980-2006). Miguel Costas: Músico, fundador de Aerolíenas Federales, autor dalgúns dos temas máis míticos de Siniestro Total, na actualidade lidera Miguel Costas & La Banda Turca. Jorge Coira: Director, realizou curtametraxes, series, telefilmes unha longametraxe e un bo número de videoclips. Na actualidade dirixe “Padre Casares”.
Premios Premio Pedigree´08: CHETE LERA. Can de Pedra. Premio do xurado á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €. Premio do xurado á mellor curta de animación. Can de Pedra e 1.500 €. Premio do público á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €. Premio do Cluster Audiovisual Galego. Premio do público á mellor curta de animación. Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curta e a inclusión no programa Curtas. Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia. Premio do xurado ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €. Premio do público ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €. Premio do xurado á mellor actriz. Can de Pedra. Premio do xurado ao mellor actor. Can de Pedra.
Recoñecementos Chimpín de prata a Alicia Sánchez, veciña de Cans, polo seu apoio ao festival. Chimpín de prata a Miguel de Lira, actor, polo seu apoio á divulgación do festival.
|