Principal
Inicio
Noticias
De qué va
Proyecciones
Programa
Más que cine
Entradas
Jurado y premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta con nosotros
Área privada
Últimas Noticias
premios
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

Cans 2008: Xurados e premios

Xurado de curtametraxes

  • Nacho Vigalondo: Director, actor e guionista. Nominado ao Oscar en 2004 pola curta “7:35 de la mañana”, tamén dirixiu a longametraxe “Los cronocrímenes”.
  • Tatiana Rodríguez: Guionista, nominada ao Goya en 2008 xunto a Iciar Bollaín polo guión de “Mataharis”.
  • Pedro Alonso: Actor, coñecido por ser o protagonista da serie televisiva “Padre Casares”.
  • Rober Bodegas: Guionista e monologuista, gañador do concurso de TVE “El rey de la comedia”.
  • María Castro: Actriz, deuse a coñecer en Galicia por “Platos combinados” e acadou gran popularidade polo seu papel na serie “Sin tetas no hay paraiso”.
  • Roberto Vilar: Actor e guionista, coñecido popularmente polo seu papel en “Os Tonechos”.
  • Lidia Mosquera: Directora, produtora e guionista. Dirixiu “La noche más corta”, “La hora wiki” e “Cuatrosfera”. Actualmente é responsable de contidos multimedia do canal Cuatro.

Xurado de videoclips

  • Jesús Ordovás: Durante 25 anos dirixiu e presentou o mítico programa “Diario Pop” en Radio3. Tamén dirixiu “iPop” en TVE e foi comisario da exposición “Videoclips en España (1980-2006).
  • Miguel Costas: Músico, fundador de Aerolíenas Federales, autor dalgúns dos temas máis míticos de Siniestro Total, na actualidade lidera Miguel Costas & La Banda Turca.
  • Jorge Coira: Director, realizou curtametraxes, series, telefilmes unha longametraxe e un bo número de videoclips. Na actualidade dirixe “Padre Casares”.

Premios

  • Premio Pedigree´08: CHETE LERA. Can de Pedra.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación. Can de Pedra e 1.500 €.
  • Premio do público á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €. Premio do Cluster Audiovisual Galego.
  • Premio do público á mellor curta de animación. Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curta e a inclusión no programa Curtas. Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €.
  • Premio do público ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €.
  • Premio do xurado á mellor actriz. Can de Pedra.
  • Premio do xurado ao mellor actor. Can de Pedra.

Recoñecementos

  • Chimpín de prata a Alicia Sánchez, veciña de Cans, polo seu apoio ao festival.
  • Chimpín de prata a Miguel de Lira, actor, polo seu apoio á divulgación do festival.
 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.