Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
JALÓN FRIKI e ESPAZO MULTIUSOS 1.A XINECÓLOGA (10´) Xénero: Dramedia sexolóxica DIRECCIÓN: Alfonso Camarero ACTORES: Camila Bossa, Esteban Yáñez, Miro Magariños, Carolina Vázquez. VAI DE : Unha xinécóloga recibe a unha paciente e observa que é un rapaz. Acaba por botalo da consulta, pero a súa xefa ordénalle que ten que atender á/ó paciente. Un lío así pode supoñer un viacrucis para unha xinecóloga. O DETALLE: Moito ollo ó momento decisivo da consulta 2.FRONTE DE LIBERTACOM DO GRELO (2´) Xénero: Micromonólogo revolucionario DIRECCIÓN: Andrés Cameselle, “Andresolo” ACTOR: Andrés Cameselle “Andresolo” VAI DE: “Andresolo” é das personaxes mais frikis que emerxeron na rede nos últimos anos. Este tipo un tanto delirado tanto loita contra o cambio climático como contra a “libertacom do grelo”. O DETALLE: Non perdas o careto deste tío 3.LA POLLA (15´) Xénero: Melodrama gore DIRECCIÓN: La Chú ACTORES: X. Expóxito “Expo”, Enma Silva VAI DE: Unha clienta entra nunha tenda de lencería, e o perverso dono acaba querendo abusar dela. Logo de diversos avatares, a cousa acaba como o rosario da aurora. O DETALLE: Fíxate no título, porque a “ídem”, tamén acabará como actriz convidada. E tanto! 4.NON RETORNABLE (3´) Animación DIRECCIÓN: Marcos Méndez e Eva Rey VAI DE: Un astronauta americano chega ó Planeta Sogama con intención de conquistalo, pero ¿que pode pasar na metade da conquista se lle dá un apretón de vexiga? O DETALLE: Ollo, os planetas poden ter desague 5.ENTORRADOS (12´) Comedia absurda GUIÓN e DIRECCIÓN: Germán Tejada e Carlos Sante ACTORES: Carlos Sante e Pablo Sánchez VAI DE: O calificativo de “surrealista” quédalle curto a esta comedia que se desenvolve nos arredores da Torre de Hércules. Algúns odiarana, pero outros non pararán de rir todo o tempo. Inclasificable. O DETALLE: Os dous actores fan tódolos papeis, sexan humanos ou animais. 6.HUIDA DE TIJUANA 2 (2´) Trailer delirante DIRECCIÓN: Jorge Saavedra ACTORES: Pepo Suevos VAI DE: Unha parella, unha fuxida e un malo que os persigue. Se chegase a existir esta película ata igual facía boa taquilla. O caso é que se trata dun falso tráiler dunha peli que non existe. O DETALLE: Efectivamente, un chega a pensar que debeu de ter existido a peli “Huida de Tijuana-1” 7.BLOQUEO (15´) Traxicomedia burocrática. DIRECCIÓN: Margheritta Morello ACTORES: Rula, Marcos PTT VAI DE: Unha rapaza queda de portas afóra coas chaves dentro da casa. A partir de aí empeza un labirinto burocrático tan delirante que, por veces, parece sacado da burocracia real. O DETALLE: Os actores falan en linguas diferentes, galego, inglés ou italiano, pero todos se entenden. ESPAZO MULTIUSOS Espazo destinado a pezas que buscan novas vías de narración, desde o documental en plastilina á videodanza, pasando polo remontaxe en Súper 8. Con proxección de Lili Films en directo, incluída. Consulta programa. 1.O CEO DO SÚPER 8 (32´) DIRECCIÓN: Fernando Pujalte e Angel Rueda VAI DE: Lili Films é unha productora que leva cinco anos rescatando as cintas caseiras de Súper 8 polos armarios de Galicia, onde atoparon auténticos tesouros. A partir desta aventura teñen montado outras pezas diferentes experimentando novas vías de narración como a “remontaxe”. Para eles, o ceo do Súper 8 está nos armarios. O DETALLE: Proxectarán con auténtica máquina de Súper 8 en directo. Consulta programación. 2.HOMELESS, SEN TEITO (10´) Documental social en plastilina DIRECCIÓN: Diego Méndez PRODUCIÓN: Micaela Sinde VAI DE: Curta de animación, que segue os parámetros estéticos dos documentais sociais de investigación, neste caso abordando a problemática das persoas sen fogar. O DETALLE: os protagonistas son bonecos, pero o drama percíbese coa mesma intensidade. 3.KATIUSKA (Os corpos agrícolas) Videodanza agrícola DIRECCIÓN: Antón Coucheiro, “Cou” PRODUCIÓN: Xosé Díaz ACTORES: Blanca Novoneira, Diego Anido, Ruth Balvis, Carolina Hernández, David Loira. VAI DE: Experimento audiovisual, onde os personaxes son bailaríns profesionais, e actores e a narrativa tradicional é substituída por coreografías nas leiras e movemento sen diálogos. O DETALLE: Interesante investigación arredor da mestizaxe das disciplinas artísticas 4.CAFÉS DE PAPEL (5´) DIRECCIÓN: Manuel Macou Coa COLABORACIÓN de: Mondotropo ACTRIZ: Maguet VAI DE: Cando es inmigrante e chegas a un país que non é o teu, o mundo é moi estraño, pero o mellor é non desesperar. Sempre pode chegar unha oportunidade. O DETALLE: Non perdas detalle de como se move o mundo arredor dos actores. É un xeito de narrar moi peculiar, desde a primeira secuencia.
|