Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Compra as túas entradas en Cans o venres 16 de maio
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

As entradas para o Festival de Cans póñense á venda este venres ás 20:00 horas no Local Social de Cans

 Poranse á venda 480 entradas. Cada persoa só pode adquirir dúas, ao prezo de 6 euros cada unha, e non se admiten reserva.
Os 120 packs de entrada + camiseta que se distribuíron a través de Internet agotáronse ás 10 da mañá do primeiro día.
As entradas permiten ver as curtas a concurso. O resto de proxeccións, todos os concertos e as demais actividades son de acceso gratuíto.

O Festival de Cans pon á venda 480 entradas que permiten acceder ás salas nas que o sábado 24 de maio se proxectan as curtas a concurso. Será este venres 16 de maio no Local Social de Cans (O Porriño) ás 20:00 horas. A entrada ten un prezo de 6 euros. Cada persoa pode adquirir dúas entradas como máximo, e non se admiten reservas.

As 480 entradas que se poñen á venda o venres súmanse ás 120 que este luns se despacharon desde a web  www.festivaldecans.com, en packs de entrada + camiseta. Eses packs agotáronse antes das 10:00 horas da mañá do mesmo día no que se iniciou a reserva por Internet.

Na web poderán reservarse un máximo de dous packs por persoa, ao prezo de 14 euros cada conxunto de entrada máis camiseta. Eses packs recolleranse o sábado 24 de maio no punto de información do torreiro de Cans, entre as 11:00 e as 14:00 horas. As que non se recollan nese horario, poranse á venda no mesmo punto a partir das 15:30 horas. Para recoller as entradas é necesario presentar o NIF.

As entradas dan dereito a acceder ás salas nas que se proxectan as curtas a concurso (12 de ficción e 6 de animación). En total son 8 salas: a Casa do Pato, o Cuberto de Antonio, o Cuberto de Chelo, o Baixo do Alfonso, a Casa de Bugarín, a Casa de Carreira, o Baixo do Moncho e a Casa de Mari. Cada persoa percorre 4 destas salas para ver en 4 horas de proxeccións todas as curtas a concurso. Segundo o número do ticket, débese seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.

A Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, lembra que o resto das actividades do festival son gratuítas, polo que non se precisa entrada para asistir. Non é necesario para ningunha das actividades do mércores, o xoves, o venres nin o sábado pola mañá. E o mesmo sábado pola tarde, o festival conta cunha ampla programación de actividades alternativas gratuítas. Pódese asistir sen ticket ás proxeccións de longametraxes e documentais, ao Jalpón Friki e a Sala Multiusos, á Canastro Experience, todos os concertos, o Coloquio na Leira, o concurso de videoclips, etcétera.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.