Principal
Inicio
Noticias
De qué va
Proyecciones
Programa
Más que cine
Entradas
Jurado y premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta con nosotros
Área privada
Últimas Noticias
ANYWHERE CINEMA
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

ANYWHERE CINEMA: SHOOT-ME FILM FESTIVAL

O Festival de Cans está á procura de festivais no mundo cos que comparta un mesmo espírito. É unha viaxe na busca de certames cinematográficos nos que se tenta levar o cine fóra das pantallas habituais, sacalo dos teatro, os auditorios e as salas para levalo ao encontro do público en calquera outra parte. O obxectivo é crear unha rede internacional de festivais con estas características, baixo o nome de Anywhere Cinema.

Cans xa ten un compañeiro de viaxe nesta aventura: o Shoot-Me Film Festival, que se desenvolve na Haia (Holanda), e que este ano celebra a súa cuarta edición do 16 ao 22 de xuño. O Shoot-Me reúne curtas, longametraxes, documentais e producións experimentais de todo o mundo e as exhibe nos lugares máis sorprendentes, co obxectivo de reforzar a intensidade da experiencia fílmica. Na edición do ano pasado, as proxeccións fixéronse es espazos tan suxestivos como unha igrexa, un ximnasio de boxeo, un arquivo ministerial, unha tenda de alfombras ou un sexshop.

O Shoot-Me Film Festival será o festival convidado en Cans este ano. O venres 23 ás 19:00 horas presentan unha selección de seis curtas de animación e documentais de Holanda, Francia e Perú que participaron na edición de 2007. E poderemos falar do festival con Jolinde den Haas, unha das súas promotoras.
www.shoot-me.nl


Love, terror, peace [Amor, terror, paz] (4')
 Vai de: A contradición entre violencia e amor. Tanques, bombas e calaveras que parecen símbolos da paz, corazóns e sorrisos. O paradoxo da loita pola paz.
 Director: Daniël Rozenberg
 Holanda
 Ano 2007

And the dutch created the Netherlands [E os holandeses crearon os Países Baixos] (28')
 Vai de: Holanda a través dos ollos dun estudante peruano. Este divertido documental está completamente feito con imaxes de YouTube.
 Director: Héctor Chávez
 Perú / Holanda
 Ano 2007
 Inglés e holandés con subtítulos en español

Jungle jail [A gaiola da selva](8')
 Vai de: Un ser pequeniño nunha gaiola, pode sobrevivir entre tipos moito máis grandes ca el?
 Dirección: Mathieu Arnoux, Hugo Cierzniak, Bruce Nguyen Van Lan e Aymeric Palermo
 Francia
 Ano 2007

EU rules [Normas da UE] (6')
 Vai de: Unha visión animada e irónica da nova normativa europea sobre os líquidos que os pasaxeiros de avión poden levar na súa equipaxe de man.
 Director: EU passenger
 Holanda
 Ano 2007

Miss Kabula (12')
 Vai de: Mozas que saen pola noite, sexis e provocativas, a bailar reggaeton. Adoptan un rol de obxectos sexuais, aínda que todas poñen os seus propios límites. Son sinceras e din o que pensan.
 Director: Sanna van Renesse
 Holanda
 Ano 2007
 Holandés con subtítulos en español

Moi (2')
 Vai de: Pelle é un personaxe que está caendo. Atópase e vólvese perder no baleiro negro no que aterriza.
 Dirección: Job, Joris e Marieke
 Holanda
 Ano 2006

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.