| Proxeccions 2008 |
|---|
| ANYWHERE CINEMA |
|
ANYWHERE CINEMA: SHOOT-ME FILM FESTIVAL O Festival de Cans está á procura de festivais no mundo cos que comparta un mesmo espírito. É unha viaxe na busca de certames cinematográficos nos que se tenta levar o cine fóra das pantallas habituais, sacalo dos teatro, os auditorios e as salas para levalo ao encontro do público en calquera outra parte. O obxectivo é crear unha rede internacional de festivais con estas características, baixo o nome de Anywhere Cinema. Cans xa ten un compañeiro de viaxe nesta aventura: o Shoot-Me Film Festival, que se desenvolve na Haia (Holanda), e que este ano celebra a súa cuarta edición do 16 ao 22 de xuño. O Shoot-Me reúne curtas, longametraxes, documentais e producións experimentais de todo o mundo e as exhibe nos lugares máis sorprendentes, co obxectivo de reforzar a intensidade da experiencia fílmica. Na edición do ano pasado, as proxeccións fixéronse es espazos tan suxestivos como unha igrexa, un ximnasio de boxeo, un arquivo ministerial, unha tenda de alfombras ou un sexshop. O Shoot-Me Film Festival será o festival convidado en Cans este ano. O venres 23 ás 19:00 horas presentan unha selección de seis curtas de animación e documentais de Holanda, Francia e Perú que participaron na edición de 2007. E poderemos falar do festival con Jolinde den Haas, unha das súas promotoras.
And the dutch created the Netherlands [E os holandeses crearon os Países Baixos] (28') Jungle jail [A gaiola da selva](8') EU rules [Normas da UE] (6') Miss Kabula (12') Moi (2') |