Main Page
Main Page
News
De que vai
Proyections
Programa
More than cinema
Tickets
Jury and awards
Cans Guide
Photo Gallery
Credits
Contact us
Administrator
Last News
Máis Cans en Internet: blog, Youtube e Myspace
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

A quinta edición do Festival de Cans está xa cerca. Comeza en Cans (O Porriño) o mércores 21 de maio e desenvolverase ata o sábado 24, pero xa se pode gozar en Internet. O festival aposta este ano polos contidos propios e aumenta a súa presenza na Rede cun blog propio , unha canle en Youtube e unha páxina en Myspace .

festivaldecans.blogspot.com é o blog do festival, dispoñible desde hoxe en Internet. O xornalista e guionista Xes Chapela desenvolverá unha bitácora que pretende dar unha visión diferente desde dentro do festival. Como un reporteiro empotrado entre a organización e o vecindario, do mércores 21 ao sábado 24 de maio vivirá o festival as 24 horas e transmitirá a súa experiencia no blog.


O blog contará con varias seccións, nas que se lles dedicará unha atención especial aos acontecementos do festival que poden pasar desapercibidos para a maioría do público. Crónicas de ambiente, entrevistas cos veciños, rumoroloxías, anotacións sobre o público e as curtas, e a combinación de texto, fotos, vídeos e cortes de audio farán deste blog a ferramenta indispensable para vivir o día a día do festival.


youtube.com/festivaldecans é a canle televisiva que abre o Festival de Cans en Internet a través de Youtube. Unha canle que se nutrirá de numerosos microvídeos que se gravarán e se subirán á Rede durante os catro días do festival. A canle ten a honra de estrear a promo que Juan Pablo Echeverry, gañador de catro premios no festival, preparou para a presente edición. Unha animación exclusiva para o festival con música de Suso Alonso, que se proxectará ao inicio de cada pase no festival.


Ademais, conta cunha selección de vídeos dispoñibles en Youtube e relacionados co festival: desde as reportaxes que programas de televisión dedicaron a Cans ata as gravacións subidas a Inernet por xente do público ou convidados que estiveron no festival en edicións anteriores. Por último, a canle en Youtube recolle algunhas das curtas seleccionadas este ano, así como trailers, teasers e making off's de varias curtas e longas presentes na programación de Cans. Tamén se poden ver os 14 videoclips que participan este ano no concurso.


En myspace.com/festivaldecans atopamos música, información e enlaces ás páxinas en Myspace dos grupos e artistas que forman parte da programación musical do festival ou que teñen videoclips a concurso. É a cuarta pata do festival na rede, xunto co blog, a canle en Youtube e a web do festival (festivaldecans.com).

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.