Principal
Inicio
Novas
De que vai
Proxeccións
Programa
Máis que cine
Entradas
Xurado e premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta connosco
Área privada
Últimas Novas
Palmarés do V Festival de Cans

PALMARÉS DO V FESTIVAL DE CANS

 


  • Premio de Honra Pedigree´08, dotado coa estatuíña Can de Pedra: Chete Lera.


  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Sálvame, de Javier Veiga. O xurado valorou “a súa solidez narrativa, corrección formal e a súa interpretación audaz dos patróns da comedia clásica”.


  • Mención especial do xurado no apartado de ficción: Perversa Lola, de Sonia Méndez, “pola súa valentía á hora de reformular os códigos do melodrama”.


  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: 1977, de Peque Varela. O xurado valorou que “esta curtametraxe ten un discurso que explota cunha pincelada persoal as posibilidades da animación, combinando diferentes técnicas, e que é un traballo valente e de alta calidade artística”.


  • Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros (Premio do Cluster Audiovisual Galego): Sálvame, de Javier Veiga.


  • Premio do público á mellor curtametraxe de animación., dotado co Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curtametraxe e a inclusión no programa Curtas 08 (Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia): A revolta dos mouses, de David Gen.


  • Premio do xurado á mellor actriz, dotado co Can de Pedra: Nuria Sanz, por Perversa Lola.


  • Premio do xurado ao mellor actor, dotado co Can de Pedra: Luis Zahera, por Rosita e Jacinto.


  • Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: The Homens: “Calamar”, de Roi Fernández e Isaac Cordal.


  • Premio do público ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: Elodio y los Seres Queridos: “España a las 8”, de Alberto Bahamonde e Piño.

 

 

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.