Bases para a presentación de videoclips 09 PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 25 de Xaneiro de 2009

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO

VI FESTIVAL DE CANS

 

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na VI edición do Festival de Cans.

 

As bases son as seguintes:

 

1. Os videoclips que se presenten deben ser de músic@s ou grupos galegos, ou de autor/a galeg@, realizados nos anos 2007, 2008 ou 2009.

 

2. Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica:

    premio do xurado ao mellor videoclip: 300 €;

    premio do público ao mellor videoclip: 300 €.

 

3. Os videoclips deben enviarse en formato DVD antes do 15 de marzo de 2009 á seguinte dirección:

Asociación Cultural Arela

Aptdo. de Correos 232

C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

 

4. Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do VI Festival de Cans, que se desenvolverá do 20 ao 23 de maio de 2008.

  

Asociación Cultural Arela

26 de xaneiro de 2009

 

 

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.