Bases para a presentación de curtametraxes 09 PDF Imprimir E-Mail
Luns, 26 de Xaneiro de 2009


VI FESTIVAL DE CANS
Cans (O Porriño), 20 a 23 de maio de 2009

BASES PARA LA PRESENTACIÓN DE CURTAMETRAXES AO
VI FESTIVAL DE CANS

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VI edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:
1. As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2007, 2008 ou 2009. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.

2. Establécense dúas categorías a concurso:
    curtametraxes de animación;
    curtametraxes de ficción.
O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes galegas que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.

3. A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.

4. Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica:
premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 €;
premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 €;
premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 €;
premio do público á mellor curtametraxe de animación: 3.000 € en promoción da curtametraxe;
premio do xurado á mellor actriz: sen dotación económica;
premio do xurado ao mellor actor: sen dotación económica.

5. As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2009 á seguinte dirección:


Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

6. As curtametraxes enviaranse en formato DVD e acompañaranse dunha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG: a) un fotograma; b) un cartel.

7. As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas no VI Festival de Cans, que se desenvolverá do 20 ao 23 de maio de 2009.

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.