Xurado 09 PDF Imprimir E-Mail
Martes, 12 de Maio de 2009

XURADO VIDEOCLIPS 

César Strawberry   Def con Dos
Luis Pardo
                 Presentador Banda Curta-TVG
Chema Rey
                Do programa “Boulevard” de Radio 3  


XURADO  CURTAS

Gonzo
Xornalista de longa traxectoria, fíxose célebre como reporteiro sarcástico no programa Caiga quien Caiga. 

Luis Piedrahita
Monologuista, escritor, mago e guionista. Acaba de dirixir o seu primeiro filme “La habitación de Fermat”, e prepara o seu segundo proxecto. 

Cristina Castaño
Actriz galega que participou en varias series da TVG e que nos últimos anos compaxina o seu traballo no musical “Fama” coas súas intervencións en series a nivel nacional como “Herederos” e “La que se avecina”. Recibiu hai dous anos o premio á mellor actriz No Festival e Cans pola súa actuación na curtametraxe “Sen Chumbo”.

María Bouzas
Actriz de longa traxectoria a actual presidenta da Academia Galega do Audiovisual. 

Carlos Portela
Guionista. Un dos grandes guionistas da banda deseñada e creador dos últimos grandes éxitos televisivos en Galicia: “Padre Casares” e “Matalobos”. 

Celia Freijeiro
Actriz. Ten traballado en teatro e televisión, onde ultimamente é unha das actrices mais coñecidas na serie “Pelotas”. 

Camilo Franco
Escritor e xornalista. Unha das plumas mais agudas do xornalismo galego. Escribe na sección de Cultura do xornal “La Voz de Galicia”.

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.