|
Martes, 12 de Maio de 2009 |
|
XURADO VIDEOCLIPS
César Strawberry Def con Dos Luis Pardo Presentador Banda Curta-TVG Chema Rey Do programa “Boulevard” de Radio 3
XURADO CURTAS
Gonzo Xornalista de longa traxectoria, fíxose célebre como reporteiro sarcástico no programa Caiga quien Caiga.
Luis Piedrahita Monologuista, escritor, mago e guionista. Acaba de dirixir o seu primeiro filme “La habitación de Fermat”, e prepara o seu segundo proxecto.
Cristina Castaño Actriz galega que participou en varias series da TVG e que nos últimos anos compaxina o seu traballo no musical “Fama” coas súas intervencións en series a nivel nacional como “Herederos” e “La que se avecina”. Recibiu hai dous anos o premio á mellor actriz No Festival e Cans pola súa actuación na curtametraxe “Sen Chumbo”.
María Bouzas Actriz de longa traxectoria a actual presidenta da Academia Galega do Audiovisual.
Carlos Portela Guionista. Un dos grandes guionistas da banda deseñada e creador dos últimos grandes éxitos televisivos en Galicia: “Padre Casares” e “Matalobos”.
Celia Freijeiro Actriz. Ten traballado en teatro e televisión, onde ultimamente é unha das actrices mais coñecidas na serie “Pelotas”.
Camilo Franco Escritor e xornalista. Unha das plumas mais agudas do xornalismo galego. Escribe na sección de Cultura do xornal “La Voz de Galicia”.
|