Artistas 09 PDF Imprimir E-Mail
Venres, 15 de Maio de 2009
Kiko Veneno Kiko Veneno firmada por Paco Alorda
Venres 22 | 01:00 h.
O Festival de Cans ten a honra de recibir este ano a un artista grandísimo. Cando hai 6 anos empezou esta aventura nunca poderiamos chegar a pensar que teriamos artistas da talla de Kiko Veneno. Chega acompañado da súa banda para presentarnos algúns temas do seu novo disco e, por suposto, eses grandes clásicos, que farán que o torreiro viva unha noite única. Seguro que teremos ocasión de cantar todos eses clásicos como “Joselito”, “Volando voy”, ou “Échate un cantecito”. Estamos ante un músico que é historia viva da música popular. E estade atentos, porque Veneno é deses artistas que en calquera momento, pode preparar novidades sobre a marcha con convidados no escenario. ¿haberá sorpresas?. Imprescindible.

 

 


 

 

Teté Delgado y Los CiclonesTeté y los ciclones
Venres 22 | 00:00 h.
A actriz Teté Delgado é unha asidua do Festival de Cans, e así se encarga de pregoalo por todo canto sitio vai. Con estes antecedentes, é obvio que esta aldea sería o único sitio no mundo onde Teté podía estrear a súa banda. Señoras e señoras, o show está servido. Chegan Teté y los Ciclones, dispostos a arrollarnos co seu rockabillie auténtico. Actitude, descaro e contundencia.
Estrea mundial absoluta.

 

 

 

Lamatumbá
Sábado 23 | 00:30 h.Lamatumbá

Un sábado grande en Cans, un remate de Festival, só podía rematar con Lamatumbá. Os músicos veñen a Cans porque lles apetece vir e lles gusta o festival, e Cans está feito á medida de Lamatumbá. Percusión, metais e a voz e a actitude do actor Serxio Zearreta no escenario, fan que esta banda teña na actualidade un dos directos mais brutais de Galicia. Se non che quedan forzas, sácaas de onde poidas, porque non podes fallar no fin de festa.

 

 

 

Pancho ÁlvarezPancho álvarez
Mércores 20 | 21:00 h.
Agora como integrante da banda do gaiteiro Carlos Núñez, e antes no grupo “Na Lúa”, Pancho Álvarez é un músico con moito talento que se adaptou a vivir na discreción do segundo plano. Aínda así, sempre foi facendo en paralelo a súa carreira como compositor. Desta colleita sae “Sólidos Galicianos”, o seu segundo disco que agora presenta no Festival de Cans. Ademais, Pancho deixaranos unha peza inédita sobre un cantar de cego do accidente acontecido en Cans en 1955.

 

 

 

A tuna rastafariA tuna rastafari
Sábado 23 | 19:30 h.
Chega unha banda que é o terror do Morrazo. Prepárate para non parar de bailar. Cun repertorio no que tanto hai ska como rancheiras, A Tuna Rastafari consolidouse no último ano como unha das bandas revelacións, tras exitosas actuacións en Galicia e no resto do Estado. Prepárate amigo, porque non vai haber tregua.

 

 

 

Cé, Orquestra PantasmaCé, Orquestra Pantasma
Sábado 23 | 23:00 h.
César Freire é Cé, un rara avis considerado o único home-orquestra de Galicia. O seu artefacto musical é digno de estudiar con detenemento e chama a atención alá por onde pasa. Ten un repertorio que pasa de A Roda a La Polla Records sen despeinarse.

 

 

 

 

 

 

 

Os veraneantesOs Veraneantes
Sábado 23 | 15:30 h.
Unha charanga peculiar que o ano pasado lle fixeron a ola no Festival. Un grupo de canallas que igual aparecen nove que noventa, porque a algúns pode pillalos veraneando, pero con eles a festa e a intensidade nunca decae.  

 

 

 

 

 

Disco Chimpín: djLagartijaDj Lagartija
Venres 22, Sábado 23 | 02:00 h.
Sergio Lagartija é dj residente da sala viguesa La Fábrica de Chocolate, e ultimamente é un dos dj´s emerxentes mais solicitado nos principais festivais do resto da península. Venres e Sábado pinchará desde un chimpín.
  

 

 

 

 

Chema Rey djChema Rey
Xoves 21 | 00:30 h.
Xornalista musical e Dj, que foi testemuña privilexiada da música popular española dos últimos 25 anos. Durante moitos anos foi o condutor de “El Bulevar”, en Radio 3, todo un referente para os amantes da boa música.
  

 

 

 

 

Banda de Música
Municipal do Porriño
Sábado 23 | 13:00 h.
Chega a Banda de Música Municipal cun repertorio que cada ano compón especificamente para o Festival de Cans. Unha sesión vermú moi cinematográfica. Para escoltar algunhas das grandes bandas sonoras da historia do cine. 

 

 

Treboeiros de Muimenta
Venres 22 | 21:30 h.
A última xeneración de treboeiros do Baixo Miño, chega a Cans para acompañar a primeira procesión de chimpibuses ata o torreiro, e para facer tremer a parroquia. Espertade, empeza o mellor do Festival!!

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.