Festival de Cans 2010
Senderismo: Roteiro da auga PDF Imprimir E-Mail
lunes, 18 de mayo de 2009
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

(Sábado 23/ 10,00 Horas/Saída na Igrexa de Cans)
Outra actividade que o pasado ano tivo éxito, a pesar da chuvia, foi o sendeirismo. Este ano, o roteiro feito para a ocasión, terá como motivo central a auga. A partir das canles de regadío, os camiñantes pasarán por regatos, muíños, fontes,lavadoiros, ata chegar ás principais presas de Cans. Deste xeito,irán descubrindo todo un labirinto de canles, e saberán que parte da aldea rega cada unha desas presas. Descubre novos carreiros, e reflexiona sobre a importancia da auga. O pateo dura sobre hora e media. Entregaranse folletos orientativos na saída.

Senderismo

 

 
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.