|
lunes, 18 de mayo de 2009 |
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable
Un ano mais, o festival de Cans, convida a formar parte da súa programación a outros festivais que teñen unhas característica semellantes, e cos que está irmanado a través da rede internacional de Anywhere Cinema. SHOOT-ME FESTIVAL (A HAIA, HOLANDA) (Venres,22/ Baixo do Moncho/ 16,30 Horas) O Shoot-Me Festival vai pola quinta edición e exhibe producións de todo o mundo, nos lugares mais sorprendentes. Desde un ximnasio de boxeo a un sex-shop ou unha igrexa. A Cans traen unha selección das mellores curtas do último ano. Fará a presentación, o propio director do festival Bas Ackermann. FESTIVALITO LA PALMA (CANARIAS) (Venres,22 /Baixo do Moncho/ 17,30 Horas) Desde Canarias chega o Festivalito de La Palma, para dar a coñecer unha selección das súas mellores curtas e comentar os seus proxectos mais interesantes. O Festivalito está centrado no cinema dixital, e as obras exhíbense ó longo de toda a Illa, en espazos como prazas ou praias. O ano pasado déronlle un premio de honor ó Festival de Cans.
|