Festivais convidados PDF Imprimir E-Mail
Luns, 18 de Maio de 2009

Un ano mais, o festival de Cans, convida a formar parte da súa programación a outros festivais que teñen unhas característica semellantes, e cos que está irmanado a través da rede internacional de Anywhere Cinema.  

SHOOT-ME FESTIVAL (A HAIA, HOLANDA)Shoot me Film Festival
(Venres,22/ Baixo do Moncho/ 16,30 Horas) 
O Shoot-Me Festival vai pola quinta edición e exhibe producións de todo o mundo, nos lugares mais sorprendentes. Desde un ximnasio de boxeo a un sex-shop ou unha igrexa. A Cans traen unha selección das mellores curtas do último ano. Fará a presentación, o propio director do festival Bas Ackermann. 

FESTIVALITO LA PALMA (CANARIAS)Festivalito La Palma
(Venres,22 /Baixo do Moncho/ 17,30 Horas) 
Desde Canarias chega o Festivalito de La Palma, para dar a coñecer unha selección das súas mellores curtas e comentar os seus proxectos mais interesantes. O Festivalito está centrado no cinema dixital, e as obras exhíbense ó longo de toda a Illa, en espazos como prazas ou praias. O ano pasado déronlle un premio de honor ó Festival de Cans.

 
© 2010 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.