| Gañadores 2009 Premios do xurado |
|
|
|
| Sábado, 23 de Maio de 2009 | |
|
Por nada” e “O pintor de ceos” mellores curtas de ficción e animación, respectivamente O VI Festival de Cans de xa ten os premiados do xurado. O filme “Por nada” de Dani de la Torre gaña o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe no VI Festival de Cans. O xurado escolleu este traballo “por ser unha peza na que todos os elementos dunha curtametraxe están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo...”. A seleccionada como mellor curta de animación polo xurado foi “O pintor de ceos” de Jorge Morais, neste caso “por crear un mundo propio nunha curta na que cada plano está traballado ao límite”. |


