BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 18 de Abril de 2007

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección para participar na IV edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

  1. Os videoclips que se presenten deben ser de músic@s ou grupos galegos, ou de autor/a galeg@, realizados nos anos 2005, 2006 ou 2007.
  2. Deben enviarse en soporte DVD antes do 31 de marzo de 2007 á seguinte dirección:

    Asociación Cultural Arela
    Aptdo. de Correos 232
    C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

  3. Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do IV Festival de Cans, que se desenvolverá en maio de 2007.

Asociación Cultural Arela
01 de marzo de 2007

 
© 2012 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.