Principal
Inicio
Noticias
De qué va
Proyecciones
Programa
Más que cine
Entradas
Jurado y premios
Guía de Cans
Galería
Créditos
Contacta con nosotros
Área privada
Últimas Noticias
Actuacións musicais
Contido sen traducir / Contenido no traducido / No traslation avaliable

UxíaUXÍA
Unha actuación moi especial: unha das nosas voces máis recoñecibles interpretará algúns dos temas que forman parte da banda sonora de Abrígate no día da estrea do filme.

 

 

Juan de PablosJUAN DE PABLOS
O mítico locutor de Radio 3 leva máis de 28 anos dirixindo e presentando o programa Flor de Pasión, auténtica referencia do pop. O xoves no pub Tubulart ofrecerá unha sesión de boa música que non deberías perder.

 

Coyote Novoa e BravosVÍCTOR COYOTE, PABLO NOVOA E GRUPO DE BOMBOS OS BRAVOS DE SÃO VICENTE
Aproveitando a estrea en Cans do documental “Só concertinas”, Coyote e Novoa vólvense unir as súas guitarras eléctricas aos bombos do grupo Os Bravos de São Vicente (Portugal). Un choque brutal.

 

 

 

The EllasTHE ELLAS
Pronúnciese “Di Elas”. Grupo liderado polo actor Luis Tosar, acompañado de Piti Sanz, Suso Alonso e Iván Laxe. Ofrecen versións de célebres cancións da historia do pop-rock, que foron cantadas por mulleres.

 

 

 

 

Turre´s BandTURRE'S BAND
Dende Mos, aí ao lado, chega esta súper-charanga de frenéticos ritmos balcánicos. Festival de percusión e ventos para abrir o apetito na sesión vermú e acompañar o desfile de chimpibuses.

 

 

 

 

 

Tony e ElioTONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS
O mítico dúo vigués inventor do inclasificable xénero do guachu-guachu volve reunirse en exclusiva para actuar en Cans. Humor e amor a mancheas nunha actuación única en Europa.

 

 

 

FesticultoresFESTICULTORES
Logo do triunfo apoteósico da pasada edición na que fixeron bailar ao 100% dos presentes, volven ó grande para facer a estrea mundial do seu segundo disco. Os seus metais e percusións explosivas pecharán o festival deste ano.

 
© 2008 Festival de Cans
O Festival de Cans promociona a curtametraxe galega.